Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebra este sábado unha sesión de Contos Contados

O 2 de Abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

O 2 de Abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Fecha: 01 de Abril de 2017

Fuente: Biblioteca Pública Municipal d

O 2 de Abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebra este día cunha sesión de Contos Contados adicada aos contos de Andersen o sábado 1 de abril. A continuación, obradoiro "O meu libro favorito", que consiste en facer un mural con pintura no que podes deixar a túa pegada e debuxar a portada do teu libro favorito.
 
Ademáis do 1 ó 18 de Abril está aberto o prazo de entrega de traballos para o Certame de Microrelatos 2017.
 
O mes de abril, que está a piques de comezar, é un dos meses máis destacados dentro da cultura e da literatura con dúas celebracións importantes como son o Día do Libro Infantil e Xuvenil, o 2 de abril, e o Día Internacional do Libro, o día 23.

Con motivo destas celebracións, o Concello da Guarda adicaralle ao libro diversas actividades durante todo o mes, encadradas na campaña "Abril Mes do Libro" que acollerá a Biblioteca Municipal da Guarda. A primeira iniciativa terá lugar esta fin de semana cunha nova cita dos Contos Contados para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, con "Contos de Andersen". Ademais tamén contará cun posterior obradoiro chamado "O meu libro favorito", onde se fará un mural utilizando o enxeño e a pintura.

A segunda das actividades da campaña é o "Certame de Microrrelatos", que está aberto a toda a cidadanía sen límite de idade. Os traballos poden presentarse, do 1 ao 18 de abril, tanto no Departamento de Cultura do Concello de 9 a 14 horas, como na Biblioteca Municipal das 17 a 20 horas ou sábados de 11 a 13 horas.

Os libros tamén serán protagonistas da Semana Santa coa iniciativa "Mochilas viaxeiras de Semana Santa". E xa nas xornadas previas á celebración do Día Internacional do Libro temos 3 citas coa literatura e a cultura por esta data. O venres 21 de abril o cinema volve ao Centro Cultural, ás 21 horas coa proxección do filme "Al encuentro de Mr. Banks". E a campaña polo mes do libro remata o sábado día 22, con dúas actividades no Centro Cultural. Pola mañá volven os Contos Contados polo Día Internacional do Libro co espectáculo "As historias de Kamishibai". E por último, ás 17'30 horas, proxectarase unha nova película relacionada co mundo da literatura: 'Cenicienta'.

Coa campaña "Abril Mes do Libro" a concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal da Guarda buscan celebrar dúas datas tan sinaladas, como son o Día do Libro e o Día do Libro Infantil e Xuvenil, e tamén aproveitar esta ocasión para promover o hábito da lectura entre os guardeses e guardesas de tódalas idades

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí