Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda oferta novas actividades no mes de outubro

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda oferta neste mes de outubro dúas novas actividades que terán lugar o venres 5 coa -Bebeteca: día das Mascotas- e o sábado 27 cunha nova sesión de -Contos Contados-.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda oferta neste mes de outubro dúas novas actividades que terán lugar o venres 5 coa -Bebeteca: día das Mascotas- e o sábado 27 cunha nova sesión de -Contos Contados-.

Fecha: 05 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda oferta neste mes de outubro dúas novas actividades que terán lugar o venres 5 coa «Bebeteca: día das Mascotas» e o sábado 27 cunha nova sesión de «Contos Contados».

Este venres día 5 de outubro ás 18:00h a Biblioteca Pública Municipal da Guarda elixirá o nome da mascota da bebeteca nunha actividade denominada «Bebeteca: día das Mascotas», onde os nenos e nenas poderán ir acompañados da súa mascota favorita e terán sesións de contos, moita diversión e agasallos para os asistentes. A Bebeteca é un espazo con libriños especialmente pensados para iniciar na lectura aos bebés. Libros con imaxes, texturas, formas, sons e títeres de dedo. A Bebeteca ten un can como mascota e nesta ocasión os bebés e familias acompañantes poderán descubrir o novo aspecto da sección Bebeteca, compartir un ratiño de lecer cos libros, ler un conto, elixir un nome para o can que garda os libros. Esta actividade está recomendada para idades de 0 a 3 anos e de 3 a 6.


O sábado 27 de outubro realizarase unha nova sesión de «Contos Contados» a partires das 11:30h a cargo de Nelson Quinteiro co seu espectáculo «Pequeno Cabaret Infantil», unha actividade programada para celebrar o Día das Bibliotecas que ten lugar cada 24 de outubro.

"Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis crecidiños transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.
Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e aproveita o colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado, a súa alegre música para falar dos contos de toda a vida.
Un espectáculo con un ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable.

Esta actividade está enmarcada no programa «Ler conta moito», para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones