Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A candidatura do Esteiro do Miño a Patrimonio Mundial foi presentada ao Goberno Portugués

Falaron en resumo daqueles valores que, segundo o seu criterio, consideran que merecen ser tidos en conta pola UNESCO como Patrimonio Mundial.

Falaron en resumo daqueles valores que, segundo o seu criterio, consideran que merecen ser tidos en conta pola UNESCO como Patrimonio Mundial.

Fecha: 21 de Diciembre de 2016

Fuente: Camara Municipal de Caminha

O pasado venres 16 de decembro o presidente da cámara de Caminha, Miguel Alves e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba mantiveron unha xuntanza con Luís de Castro Mendes, ministro da Cultura Portugués, para recabar o apoio do goberno Luso á candidatura do Esteiro do Miño como Patrimonio da Humanidade na categoría de Paisaxe Cultural Transfronteiriza. A reunión tamén asistiron os dous responsables da redacción do informe que os concellos presentarán en 2017 para ser avaliado pola UNESCO para a súa inclusión na Lista Indicativa, primeiro paso no proceso de declaración de Patrimonio da Humanidade.

Durante a xuntanza na sede do Ministerio da Cultura o presidente da cámara de Caminha e o alcalde da Guarda expuxeron ao Ministro as cualidades que abalan esta candidatura na que estiveron traballando durante o último ano. O valor do esteiro e do propio río Miño para as comunidades galega e portuguesa, a riqueza paisaxística, natural, patrimonial, etnográfica, social e humana representadas nas paisaxes naturais e naquelas forxadas polas relacións humanas durante máis de 2.000 anos. Falaron en resumo daqueles valores que, segundo o seu criterio, consideran que merecen ser tidos en conta pola UNESCO como Patrimonio Mundial.

"Ademais dos valores que todos coñecemos como son: paisaxe, patrimonio e natureza, fixen tamén fincapé nas relacións humanas entre as dúas vilas e referinme expresamente ao uso dunha embarcación común coñecida como Gamela en Galicia e Masseira en Portugal. Precisamente unha reprodución dunha gamela en bronce foi o agasallo institucional que como alcalde da Guarda entreguei ao Ministro Portugués", declara Antonio Lomba.

O profesor Jordi Tresserras, director do Laboratorio de Patrimonio, Creatividade e Turismo Cultural da Universidade de Barcelona comentou co Ministro os pormenores máis técnicos da candidatura. Comentoulle que xa tivera contactos con ICOMOS-Portugal, unha comisión dependente da UNESCO, para recabar a súa opinión sobre o documento da proposta e recibir as súas recomendacións.


O Ministro expresou interese e entusiasmo en relación á esta candidatura e animou aos presentes a continuar cun procedemento que ve con moitas posibilidades de éxito. Recordou que ao ser unha candidatura transfronteiriza tiña que ter os parabéns dos gobernos de España e Portugal. As palabras de Luís de Castro Mendes foron moi celebradas polos alcaldes que lle mostraron o seu agradecemento por telos recibido e por mostrar boa disposición coa súa proposta.

No peche da reunión o Ministro mostrou interese por facer en breve un viaxe institucional a Caminha e arrancou o compromiso de Miguel Alves de organizar un evento que dera contido á visita. Antonio Lomba aproveitou a ocasión para convidar ao Ministro a visitar A Guarda e o Monte Trega, convite que Luís de Castro Mendes aceptou de inmediato.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones