Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Casa dos Alonsos acolle este xoves o oitavo faladoiro dentro do ciclo -Diálogos en Educación- na Guarda

Xoves 1 de setembro ás 20 horas na Casa dos Alonsos

Xoves 1 de setembro ás 20 horas na Casa dos Alonsos

Fecha: 01 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O oitavo e derradeiro faladoiro pertencente ao ciclo "Diálogos en Educación" que se celebra este verán 2016 terá lugar o vindeiro xoves 1 de setembro ás 20 horas na Casa dos Alonsos. Esta actividade, promovida polo Concello da Guarda coa colaboración da Universidade da Coruña convida, nesta ocasión, á profesora Cathryn Teasley Severino.

Cathryn Teasley Severino é natural de San Francisco, California, pero está afincada na Coruña, desde o ano 1991. É Profesora de Didáctica e Organización Escolar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

A súa liña de investigación céntrase no fomento da xustiza intercultural e de xénero mediante a Pedagoxía Crítica, a investigación etnográfica, a formación do profesorado e a Educación para a Paz, aspectos que se reflicten tanto na súa docencia como nos seus traballos e investigacións.

Cathryn Teasley ten colaborado en diversos volumes, como Volver a pensar la educación (Morata, 1995), Roma Education in Europe (Routledge, 2013), ou Globalizing Cultural Studies: Ethnographic Interventions in Theory, Method, and Policy/Estudios culturales sobre globalización: Intervenciones etnográficas teoría, método y política (Peter Lang, 2007). Así mesmo, coordinou o volume colectivo Transnational Perspectives on Culture, Policy and Education: Redirecting Cultural Studies in Neoliberal Times/Perspectivas transnacionales de cultura, política y educación: redirigir estudios culturales en la época Neoliberal (Peter Lang, 2008), que conta con colaboradores/as procedentes de diversos países.

A profesora Cathryn Teasley Severino é membro do grupo de Educadores pola Paz do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, e animará o faladoiro "Reflexións interculturais sobre a diversidade de xénero en Educación Infantil".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones