Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A cativada de Tui gozará este venres dos bolechas no marco da penúltima cita olímpica do Falaredes 2016

Este venres 15 terá lugar ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Tui .

Este venres 15 terá lugar ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Tui .

Fecha: 15 de Julio de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A cativada do concello pontevedrés de Tui terá ocasión de gozar este venres dos Bolechas no marco da penúltima cita da actividade 'Os Bolechas van ás Olimpíadas' da edición 2016 do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

A pouco máis de quince días de que, á outra beira do Atlántico, o facho Olímpico chegue á cidade do Río de Xaneiro, os coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, Os Bolechas, seguen o seu adestramento deportivo. A penúltima cita será este venres 15 en Tui, onde o espectáculo ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas' terá lugar ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal.

Continúa deste xeito unha iniciativa de fomento do galego co empeño de promover o uso e a valoración positiva da lingua galega, especialmente entre a infancia. A familia animada máis famosa de Galicia participa así dunha actividade para animar a nenas e nenos a desenvolverse en galego en todos os ámbitos da vida e, nesta ocasión, aproveitando a celebración das Olimpíadas, incídese no ámbito do deporte, un espazo fundamental para a socialización da xente miúda.

Un espectáculo participativo
O espectáculo ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas' está pensado para gozar en familia a partir dun tema de plena actualidade e nun contexto no que os seis famosos irmáns e mais a súa mascota requirirán a axuda dos rapaces e rapazas asistentes para superaren unha serie de probas e venceren o seu antagonista Romualdo. Se, co apoio do público, o conseguen, terán garantido o seu pase para as Olimpíadas de Río 2016.

A participación que se busca con esta proposta non se limita ao día do espectáculo, pois 'Os Bolechas van ás Olimpíadas' ten continuidade a través das novas tecnoloxías, no web www.osbolechas.gal/olimpiadas.

Próxima cita: Melide
Na vindeira fin de semana, o ‘FalaRedes' chegará ao peche por vacacións coa derradeira función deste espectáculo na vila coruñesa de Melide. Será o sábado 23, na Casa da Cultura, ás 20:30 horas. A entrada, coma sempre, libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

Con esta cita, finalizará o terceiro percorrido cheo de éxitos dos Bolechas nos escenarios do 'FalaRedes', que xa estiveron en edicións anteriores do programa cos seus espectáculos 'Os Bolechas na máquina do tempo' e 'Os Bolechas e o Sabichón'.

‘FalaRedes 2016'
O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes' chega á súa quinta edición con novas propostas para gozar do tempo libre en galego que se desenvolven ao longo de todo o ano nos concellos da RDL. Todas as actividades son gratuítas e o acceso aos recintos é libre ata completar aforo.

Os obxectivos de ‘FalaRedes' son ampliar a oferta de ocio na nosa lingua, promover o seu uso e valoración positiva, fornecer o ámbito municipal de actividades de lecer en galego e apoiar os artistas que desenvolvan o seu traballo no idioma propio de Galicia.

Ao longo das catro edicións anteriores, ‘FalaRedes' chegou a todos os concellos que integran a RDL (que conta arestora con máis de 170 entidades adheridas), con preto de 700 actividades para público de diferentes idades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones