Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CIG convoca concentración na Guarda na Praza de Avelino Vicente o luns 8 de marzo polo Día Internacional das Mulleres

Na Guarda o Luns día8 de marzo ás 12:00h na Praza Avelino Vivente

Na Guarda o Luns día8 de marzo ás 12:00h na Praza Avelino Vivente

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Marzo de 2021

Fuente: CIG

  • Na Guarda o Luns día8 de marzo ás 12:00h na Praza Avelino Vivente

A CIG ten convocadas 31 mobilizacións en cidades e vilas de toda Galiza , entre elas na Guarda, para facilitar a participación de todas durante a xornada de folga de mulleres do 8 de Marzo. Co fin de garantir o cumprimento de todos os requisitos derivados da pandemia, nas asembleas acordouse promover actos a nivel local, evitando desprazamentos, garantindo a distancia interpersoal de máis de metro e medio, e uso de máscara de protección. A secretaría das Mulleres fai tamén un chamamento a participar nas manifestacións convocadas pola plataforma GALEGAS8M da que a central sindical fai parte.

Fronte a campaña de “desprestixio e boicot” que se está poñendo en marcha, a secretaria das Mulleres da CIG, denuncia que “ao poder non lle interesa a resposta na rúa” e que, coa escusa da pandemia, “está facendo un chamado a non mobilizarse cando, porén, permitiu manifestacións da ultradereita, saltándose límites perimetrais, e acudindo  mesmo sen protección”.

Por iso fai un chamamento a reflexionar colectivamente sobre as razóns polas que se pretende criminalizar a mobilización do feminismo cando se permiten as convocadas por outros colectivos, “a non ser que se pretenda culpabilizar de novo a quen está a soster a crise facéndolles crer que si se mobilizan serán as culpábeis dunha nova onda”.

Lembra que “todas as marchas e mobilizacións foron comunicadas previamente, sen que houbese ningunha restrición por parte das autoridades” e que están a ser organizadas de xeito pormenorizado “para asegurarnos de que se poidan realizar en condicións seguras para todas”.

Sobran razóns para a mobilización

A secretaría das Mulleres da CIG denuncia, entre outras cuestións, a sobreexplotación; a precariedade das mozas que intentan acceder ao emprego; a das que suman moreas de contratos a tempo parcial e de curta duración; a explotación das traballadoras do comercio, dos sectores sociosanitarios; os abusos ás traballadoras dos centros de chamadas, ás traballadoras do fogar; a situación das que tiveron que renunciar a salarios por ter que coidar da súa familia ou os despedimentos realizados de xeito oportunista por unha patronal que veu na pandemia a oportunidade para liquidar os seus contratos.

Isto xunto a denuncia de que as mulleres son as máis prexudicadas pola fenda dixital ou pola analfabetización electrónica que tanto dificultou o seu acceso a axudas e prestacións; as pensións miserentas ou os riscos asumidos por falta de equipos de protección mesmo nos servizos esenciais durante a pandemia. Unha crise sanitaria que pagaron as mulleres co seu lombo e co seu traballo de balde, limpando, curando, coidando.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí