Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CIG-ENSINO DENUNCIA ANTE A INSPECCIÓN DE TRABALLO QUE OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO DO SAN XEROME NON COBRARON A NÓMINA DE NOVEMBRO NIN OS ATRASOS

A CIG-Ensino convoca concentración ante o San Xerome o 21 de decembro

A CIG-Ensino convoca concentración ante o San Xerome o 21 de decembro

Fecha: 17 de Diciembre de 2015

Fuente: CIG-ENSINO

A CIG-Ensino desconvoca a concentración prevista para o luns 21
Ante as denuncias da CIG-Ensino, San Xerome reacciona e aboa as nóminas do mes de novembro aos traballadores e traballadoras do Centro Especial de emprego
A CIG-Ensino desconvoca a concentración prevista para o luns 21.
Despois do escrito enviado pola CIG-Ensino á Dirección do centro a semana pasada e da denuncia presentada este martes ante a inspección de traballo, os responsábeis do Centro reaccionaron e aboaron as nóminas do mes de novembro a última hora da mañá de onte, tras a publicación en diferentes medios da denuncia pública realizada pola CIG. Queda pendente aínda aboar a totalidade dos atrasos a todas e todos as traballadores do centro, extremo que a CIG-Ensino agarda que non se demore.
Desde a CIG-Ensino esperamos que esta situación no se volva producir e que, en calquera caso, a empresa respecte os órganos de representación das traballadoras e os traballadores e convoque os delegados de persoal para comunicar este tipo de situacións dando toda a información: motivos reais, data probábel de cobro, etc.
A CIG-Ensino expresa o seu apoio ás traballadoras e traballadores que unha vez máis tiveron que pasar por esta situación (a terceira vez este ano que se atrasa a percepción das nóminas) e agradécelles a paciencia que demostraron agardando a finais de mes para percibir un diñeiro que necesitaban, con maior ou menor urxencia dependendo dos casos, o primeiro día do mes, cando a todas e todos nos pasan ao cobro as diferentes facturas dos servizos básicos.

 
A CIG-Ensino denunciou onte ante a Inspección de Traballo que os traballadores e traballadoras do Centro Especial de Emprego do San Xerome non percibiron a nómina de novembro, nin a totalidade dos atrasos.

Para a CIG-Ensino esta situación é inaceptábel, pois é unha mostra da mala xestión realizada pola Dirección do centro, que non ten en conta as demoras na percepción das facturas e subvencións á hora de calcular o abono das mensualidades. É unha situación inasumíbel, moi grave e discriminatoria, pois o resto dos traballadores do centro si percibiron as súas nóminas e atrasos de 2015.

No Centro Especial de Emprego traballan, ademais dos dous encargados de taller e dous auxiliares especialistas, 14 traballadora/es discapacitada/os que realizan labores de mantemento de zonas verdes e xardíns para diferentes concellos e particulares, cuns salarios que non superan o mínimo interprofesional.

A CIG-Ensino quere denunciar publicamente o trato vexatorio que están a recibir estes traballadores, por parte da Dirección, pois cando se dirixen ao centro a reclamar as cantidades adebedadas, a Xerencia búrlase deles dicíndolles que vaian reclamar ao Concello da Guarda, pois pretende convencelos de que o único motivo para non lles aboar as nóminas é que este Concello non está ao día no pago das facturas. Desde a CIG-Ensino manifestamos que, esa función é precisamente o traballo que debe realizar a Xerencia e non eludir as súas responsabilidades encirrando aos traballadores con medias verdades.

Primeiro, non toda/os a/os traballadora/es dependen do contrato co Concello da Guarda, e todos están sen cobrar. Segundo, a CIG-Ensino comprobou que desde setembro o San Xerome ten concedida unha subvención da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, de 42.112,26€ cantidade que percibiu ou vai percibir a empresa neste trimestre e que corresponde aos custes salariais do mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego. Para a CIG-Ensino é innegábel que o impago da/os traballadora/es é responsabilidade exclusiva da Dirección do centro. En todo caso, desde a CIG-Ensino reclamaremos do Concello da Guarda que poña os pagos ao día co Centro San Xerome.

A CIG-Ensino convoca concentracións ante o San Xerome o día 21 de decembro ás 11:30 e ás 16:00 horas para reclamar da Dirección un mínimo de sensibilidade e que lle pague ás e aos traballadores o que lles debe, para que non teñan que pasar ningún tipo de necesidade.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí