Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CIG-ENSINO PRESIDE O COMITÉ DE EMPRESA DO CENTRO SAN XEROME

Este luns día 11 de xaneiro constituíuse o Comité de empresa do Centro San Xerome.

Nesta primeira reunión o Comité acordou por unanimidade que a presidencia lle corresponda á CIG-Ensino, como central que obtivo máis representación, e a Secretaría á CUT.

Fecha: 16 de Enero de 2016

Fuente: CIG-ENSINO

Este luns día 11 de xaneiro constituíuse o Comité de empresa do Centro San Xerome. O comité está integrado por cinco delegados dos que, de acordo co resultado electoral, tres corresponden á CIG-Ensino e dous á CUT. Nesta primeira reunión o Comité acordou por unanimidade que a presidencia lle corresponda á CIG-Ensino, como central que obtivo máis representación, e a Secretaría á CUT.

Despois de seis meses desde a data do primeiro preaviso, o pasado 24 de novembro celebráronse as eleccións no Centro San Xerome, resultando electos tres delegados da CIG-Ensino e dous da CUT. O resultado das eleccións non foi definitivo na mesma data, por mor do reclamación presentada pola CUT contra a distribución das traballadoras e traballadores nos colexios electorais que prevé a lexislación: persoal técnico e administrativo por un lado e especialista e non cualificado polo outro. Finalmente, un laudo arbitral estableceu que as actuacións das mesas electorais foran correctas e, por tanto, todo o proceso electoral que rematara o día 24 de novembro co resultado antedito. Unha vez comunicado o laudo e coa confirmación de que non había ningunha outra reclamación, os delegados acordaron reunirse en xaneiro para constituír o comité de empresa.

Este comité agrupa á totalidade dos traballadores do Centro San Xerome: o persoal adscrito ao centro educativo e ao centro ocupacional e o persoal do Centro Especial de Emprego, por seren as dúas empresas que formalmente están constituídas unha agrupación de empresas a todos os efectos. Este feito quedou patente desde 2013 a través das diferentes sentenzas que se produciron nos diferentes conflitos xudicializados. Neste contexto e tendo en conta que a existencia dun comité é a fórmula máis garantista para todos os traballadores e traballadoras, a CIG-Ensino promoveu eleccións a Comité en maio, cuestión que debeu ser xudicializada e que foi resolta mediante laudo arbitral primeiro e sentenza do social despois, ambas as dúas favorábeis á CIG-Ensino.

A CIG-Ensino agradece a confianza das traballadoras e traballadores que apoiaron a súa candidatura e agarda que, nesta nova etapa, haxa un clima de traballo e negociación favorábel á mellora das condicións laborais do conxunto dos traballadores da empresa, tal e como se está facendo desde o poprio comité que comeza adoptar as primeiras decisións por consenso.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones