Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CIG saúda o acordo que garante a actividade de Astilleros Joaquín Castro da Guarda

A empresa foi recuperada grazas a un plan de viabilidade promovido pola central

A empresa foi recuperada grazas a un plan de viabilidade promovido pola central

Fecha: 31 de Enero de 2017

Fuente: CIG

A CIG vén de amosar a súa satisfacción polo acordo asinado entre Astilleros Joaquín Castro da Guarda e a entidade local menor de Camposancos para a utilización durante 30 anos máis dos terreos que ocupa a empresa, que recuperou a súa actividade tras catro anos e medio grazas a un plan de viabilidade promovido pola central xunto cos traballadores/as.

O acordo entre a compañía e a entidade local menor permitirá o uso dos terreos, que pertencen a Camposancos, polo menos 30 anos máis, o que garante o mantemento dos 18 empregos actuais e a supervivencia dunha empresa que vén de pechar carga de traballo para outros dous ou tres anos. Ademais, existe a previsión de ampliar o cadro de persoal até as 30 persoas.

A recuperación da actividade en Astilleros Joaquín Castro, que permaneceu catro anos e medio sen traballo, foi posíbel grazas ao plan de viabilidade promovido pola CIG co obxectivo de atopar novos/as propietarios/as "ante a incompetencia da anterior dirección". Dende a central agradecen a colaboración do alcalde guardés, aínda que botan de menos que o acordo para o arrendamento dos terreos non chegase antes, xa que a demora puxo en perigo a viabilidade da empresa. Ao tempo, agradecen as xestións e apoio da oposición -liderada polo BNG- ás demandas dos traballadores/as.

"Agardamos que a partir de agora tanto o Concello da Guarda como a entidade local menor de Camposancos colaboren para que a empresa se manteña nesa ubicación", indican dende a central. Lembran que se trata dunhas das compañías máis importantes do Baixo Miño que estaba a piques de pechar cando a CIG decidiu promover a súa recuperación "porque non estabamos de acordo coas indemnizacións que ía recibir o cadro de persoal".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones