Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CNT denuncia que o Concello de A Guarda incumpre a lexislación de prevención e seguridade

O Concello non facilita a información e acumula incumprimentos na materia, especialmente no servizo de emerxencias

A resolución da Inspección de traballo deu a razón á denuncia de CNT máis o Concello continúa sen dar solucións

Fecha: 19 de Mayo de 2017

Fuente: CNT

A Sección de CNT no Concello de A Guarda leva solicitando meses ao Concello que se comunique o plan de prevención e o análise de riscos e que cumpra co regulamentado en materia de prevención e seguridade.

Ante as constantes evasivas e negativas por parte dos responsables do Concello, a CNT presentou denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra. A resolución da Inspección de Traballo foi clara e ratificou as denuncias aportadas desde a Seccion Sindical obrigando ao Concello de A Guarda a facilitar a información en materia de prevención e seguridade, a elaborar os informes pertinentes dos que carece e a subsanar as deficiencias atopadas.

O Concello de A Guarda lonxe de cumprir cos requerimentos da Inspección de Traballo e tras novas peticións de información e de adopción de medidas realizadas pola Sección Sindical de CNT continúa coa súa teima de non querer facilitar a información relativa á aplicación da lexislación sobre prevención e seguridade no Concello.

Desde CNT sinalase que a deixadez dos responsables do Concello está motivada polas "importantes carencias e incumprimentos" en materia de prevención e seguridade, que " está apoñer en risco a toda a plantilla de traballadores e traballadoras do Concello" e que é "especialmente sangrante no caso dos GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) que arriscan a súa vida pola veciñanza sen contar cos medios e materiais axeitados para desenvolver correctamente o seu traballo".

Por último desde a Sección de CNT no Concello de A Guarda ínstase unha vez máis ao Concelleiro de Emerxencias Miguel A. Español a que "cumpra coa Lei" antes de que ocorra algunha desgracia evitable.

Sección Sindical CNT Concello de A Guarda
Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES).
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones