Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Comunidade de Montes da Guarda propón ao pleno municipal a retirada das antenas do Monte Sta. Trega

Esta comunidade, propón unha alternativa que e trasladalas a outro monte da nosa propiedade, cos estudos pertinentes e así evitar feismo e a ocupación destes obstáculos dentro do BIC do Monte Santa Trega.

Esta comunidade, propón unha alternativa que e trasladalas a outro monte da nosa propiedade, cos estudos pertinentes e así evitar feismo e a ocupación destes obstáculos dentro do BIC do Monte Santa Trega.

Fecha: 18 de Enero de 2018

Fuente: CM A Guarda

A Xunta Rectora da Comunidade de Montes da Guarda, presentou no rexistro do Concello da Guarda, con data 30 de decembro de 2.017, unha moción o pleno propoñendo o estudo para a retirada das antenas situadas no Monte Santa Trega.

Esta comunidade de montes, deixa aberto o debate o pleno para que tódalas formacións políticas, poidan aderirse a dita moción, como aportar contido a mesma.

Esta comunidade, propón unha alternativa que e trasladalas a outro monte da nosa propiedade, cos estudos pertinentes e así evitar feismo e a ocupación destes obstáculos dentro do BIC do Monte Santa Trega.

Extracto da moción presentada:

 

"POR UN MONTE SEN OBSTACULOS VISUAIS E CONTRA O FEISMO
O icono identificativo do noso pobo, é o Monte de Santa Trega, sendo así mesmo, unha das grandes referencias turísticas do Baixo Miño e de toda Galicia.


Dentro das grandes preocupacións da Administración Autonómica, é o impacto visual negativo que na paisaxe reflexan as vivendas sen rematar, semiderruidas, os peches de leiras feitos con mezcolanza de materiais de distintas índole, as cores e outros.


Tendo en conta a cantidade de visitantes que recibe o Monte de Santa Trega, a maior crítica que recibe, é a presenza dunha serie de antenas de transmisións e de empresas de audiovisuais e televisión, que escomenzaron a inundar O Facho a partir dos anos 60, sendo incrementada a cantidade das mesmas, colocadas sen ningún tipo armónico e estético, que nalgún caso, xa ten afectado algún do ben patrimoniais arqueolóxicos.


Non debemos esquecer, que o Monte de Santa Trega, ten a consideración de Ben de Interese Cultural, dado que foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 e o poboado Galaico-Romano de Santa Trega, e o Museo cuia construcción foi diseñada polo arquitecto Antonio Palacios, foron declarados Monumento HistóricoArtístico Nacional posteriormente, polo que é unha obriga de tódolas administración, a súa conservación e mantenemento, para deixarllo nas mellores condicións posibles aos nosos descendentes.


A Comunidade de Montes en Man Común da Parroquia de A Guarda, considera, que se debe dar inicio dende o Concello, para que ditas antenas, sexan retiradas deste lugar, dando traslado das mesmas ao Monte Torroso, donde esta Comunidade, estaría disposta a habilitar unha parcela na que é existe accesibidade rodada e instalacións básicas.
Por todo elo, a C.M.V.M.C. da Parroquia de A Guarda, ven a presentar ao Pleno para o séu debate e aprobación se procede, a seguinte MOCION:


a).- O Concello, dará inicio a tramitación diante das distintas administración, tanto Autonómica como Estatal, así como cas empresas propietarias de ditas instalacións, a fin de chegar a un acordo para o traslado de ditas antenas, o novo punto de ubicación, ou a dar unha alternativa, que conleve a desaparición das mesmas do Monte de Santa Trega.
"
 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones