Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Comunidade de Montes de Camposancos saca a poxa catro quioscos no Monte Santa Trega

As autorizacións concederanse por un período que vai dende a data da subasta ata o 31 de Decembro do ano 2024

As autorizacións concederanse por un período que vai dende a data da subasta ata o 31 de Decembro do ano 2024

Fecha: 26 de Noviembre de 2019

Fuente: CMMC Camposancos

PREGO DE CONDICIÓNS PARA A EXPLOTACIÓN DOS QUIOSCOS : Nº 2, Nº3, Nº 4 e Nº 6 NO MONTE SANTA TREGA

1º.- Tódolos interesados, para poder participar na poxa dos quioscos, deberán presentar, antes do 12 de Decembro do 2019, unha fotocopia do seu D.N.I indicando para que, no buzón de correos no enderezo desta Comunidade, sito, no lugar de Outeiro, 40 -A de Camposandcos. Tamén pode ser enviado por correo electronico a dirección:
montedecamposancos@gmail.com

2º.- Terán preferencia para poder optar a explotación dos quioscos, a igualdade de prezo ofertado, aqueles que primeiramente sexan veciños comuneiros, sendo prioritario en calquera caso o prezo ofertado, y todo elo en aplicación do disposto no art. 21 da Lei 13/89, de 10 de Outubro de de Montes Veciñais en Man Común e Estatutos comunitarios.

3º.- Para poder participar na licitación o procedemento da adxudicación das explotacións dos quioscos, os interesados deberán depositar con carácter previo a favor da Comunidade a cantidade de 300,00 € que, unha vez efectuada a adxudicación aplicarase para satisfacer parte do canon anual que se fixe en concepto da concesión da explotación. Os que non resulten adxudicatarios reintegráraselles ó depósito efectuado.

4º.- As autorizacións concederanse por un período que vai dende a data da subasta ata o 31 de Decembro do ano 2024.

5º.- A superficie máxima a ocupar por cada quiosco será a que forme o espacio útil de cada un deles.

6º.- A Xunta Directiva da Comunidade examinará a documentación presentada, así como o cumprimento dos demais requisitos que conformen cada petición, pudendo rexeitar aquelas peticións que poidan supor un atentado a integridade ou o debido aproveitamento do monte.

7º.- Os adxudicatarios dos quioscos deberán de ESTAR O DÍA NO PAGO DOS IMPOSTOS, TAXAS E DEVENGOS que lles sexan impostos polo Concello de A Guarda e polos organismos competentes, en especial coa Facenda Pública e coa Xunta de Galicia (Consellería de Economía e Facenda).

8º.- Así mesmo os adxudicatarios deberán observar tódalas prescricións en materia sanitaria e de medio ambiente, procurando que o seu quiosco se encontre debidamente adecentado e cumprindo a normativa vixente para este tipo de instalacións.

9º.- Se calquera dos adxudicatarios da concesión do quiosco vendese ou realizase calquera acto de transmisión de productos ou materiais legalmente perseguidos ou prohibidas, poderá ser declarado caducado o seu dereito de forma inmediata unha vez comprobada debidamente a existencia desta conducta ilegal, sen dereito algún a indemnización e suxeito o pago dos danos e perxuizos que puidera ocasionar a Comunidade.

10º.- A poxa de cada un dos quioscos iniciarase cun mínimo de 4.530,00 € por ano e adxudicarase o máximo ofertante que ademais cumpra os requisitos antes citados. Dita poxa efectuarase no lugar de Casa Cultural de Camposancos, as 19:00 horas do día 13 de Decembro do 2019.

11º.- O canon pola temporada será o resultante da poxa, que se aboará mensualmente por recibos domiciliados na conta do arrendatario.

12º.- A normativa aplicable no contrato de arrendamento será a vixente Lei de arrendamentos urbanos, quedando excluídos de forma expresa os artigos 31,32,33 y 34 da mesma ; así mesmo aplicarase o artigo 10 do Regulamento da Lei de Montes, aprobado no Decreto 260/1992 .

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones