Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A COMUNIDADE EDUCATIVA DA GUARDA SOLICITA QUE SE ATENDAN NECESIDADES DOS COLEXIOS

Cada administración debe facerlle fronte as súas responsabilidades e cos seus medios

Cada administración debe facerlle fronte as súas responsabilidades e cos seus medios

Fecha: 07 de Marzo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Non se pode negar o evidente. E evidente é que o grupo de goberno deste concello, para garantir o mantemento dos colexios de primaria e as unitarias, destina dende o 2008 en exclusiva un traballador que, en perfecta sintonía coas direccións dos centros, se encarga de levar a cabo os arranxos e de manter en perfecto estado as instalacións.

Tamén é evidente que o concello, dende que está este grupo de goberno, multiplicou por tres o orzamento municipal que se adica a educación. Evidente é que mesmo organizamos, con moito éxito por certo, os cursos de preparación para a obtención do graduado escolar sen ningunha colaboración, nestes últimos anos, da Consellería de Educación.

Tamén é evidente que, dando por boas as cifras da Consellería, se dos 700.000 euros que din que gastaron na Guarda dende o 2009, lles restamos a inversión de 371.000 euros no Instituto (aí o Concello non ten competencia algunha) e o que custou poñerlle a cuberta o Sinde ( arrincada por un temporal) a cantidade queda reducida a pouco máis de 200.000 euros en 6 anos, cantidade certamente cativa.

Evidente e notorio foi o compromiso adquirido polo Xefe Territorial de cambiar a estrutura e o tellado do patio cuberto do CEIP A Sangriña. Anpa e Equipo Directivo saben ben deste compromiso. Estaban presentes cando o adquiriu.

Cada administración debe facerlle fronte as súas responsabilidades e cos seus medios. Non é culpa deste concello que a Consellería de Educación sufrira un recorte tan importante nas súas partidas. En todo caso iso denota a importancia que esta Xunta lle da ó ensino público. Certamente hai un novo plan provincial de investimentos, pero será o grupo de goberno quen decida a que necesidades vai destinado. Porque cada pau ten que aguantar a súa vela, e poñerlle unha nova cuberta ó pavillón de Solanas, facer o novo cuberto da Sangriña, etc. son competencia estricta da Consellería.

As demandas de arranxos e cumprimento dos compromisos adquiridos polo Xefe Provincial parten da comunidade educativa a través do Consellos Escolares. O Concello actúa como portavoz destas demandas. Non queremos entrar nun cruce de acusacións, simplemente temos a pretensión de que se atendan as necesidades dos centros educativos que son competencia da Consellería de Educación.

Antonio Lomba Baz

Concelleiro de Educación do Concello da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones