Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Concellería de Cultura convoca novamente ás asociacións a participar na decoración da Guarda

A convocatoria vai dirixida a tódalas asociacións da Guarda que estean interesadas, que deberán comunicarllo ó Departamento de Cultura durante esta semana

A convocatoria vai dirixida a tódalas asociacións da Guarda que estean interesadas, que deberán comunicarllo ó Departamento de Cultura durante esta semana

Fecha: 16 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Tralo éxito da iniciativa Decora o teu Nadal a concellería de cultura quere revalidar a experiencia de implicar ás asociacións no embelecemento da vila, polo que propón unha nova convocatoria de cara ó verán. Nesta ocasión, e baixo o nome Decora o teu verán 2017, a concellería propón decorar prazas e lugares emblemáticos da vila baixo un tema común, que sería a cultura castrexa. Deste xeito a iniciativa entroncaría con outras dúas efemérides: a Festa Castrexa que as comunidades de montes organizan no Monte Santa Trega o 24 e 25 de xuño, e o centenario do Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Destinatarios

A convocatoria vai dirixida a tódalas asociacións da Guarda que estean interesadas. Aquelas que desexen participar deberán comunicarllo ó Departamento de Cultura durante esta semana, xa que o día 23 realizarase unha reunión na que se concretarían os enclaves a decorar.

As bases que rixen a convocatoria son as seguintes:
 
"DECORA O TEU VERÁN" 2017
 
"Decora o teu verán 2017" é unha iniciativa do Concello da Guarda en colaboración coas diferentes asociacións para pór en valor o noso pasado castrexo e o Monte Santa Trega, á vez que seguir traballando pola iniciativa Viveguarda que ten como obxectivo principal a colaboración dos veciños e do asociacionismo co Concello para embelecer a nosa vila.

O tema obxecto da presente actividade é a decoración por parte das diferentes asociacións da Guarda de diferentes enclaves da vila en relación ó Castro de Santa Trega e á cultura castrexa.

OBXECTIVOS
A actividade proposta busca acadar os seguintes obxectivos:
- Embelecer a nosa vila
- Vincular ó centro urbano co Castro de Santa Trega no ano que se cumpren cen anos do centenario do seu museo, así como a celebración da II Festa Castrexa.
- Implicar á cidadanía no embelecemento da vila a través do seu amplo tecido asociativo
- Fomentar o traballo en equipo así como a importancia da labor comunitaria
- En definitiva, acrecentar o orgullo da nosa vila e do noso pasado.
DESTINATARIOS
Poden participar nesta actividade tódalas asociacións da Guarda que estean interesadas: sociais, culturais, deportivas, veciñais, de festas...
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
DECORACIÓN.- Cada asociación presentará unha proposta para decorar un enclave urbano, con referencia a motivos castrexos ou vinculados dalgún modo co Monte Santa Trega ou o Castro.

Os materiais empregados serán principalmente materiais de refugallo, non contaminantes e resistentes á intemperie. O enclave a decorar será identificado co nome da Asociación que traballou nel.

O concello da Guarda axudará coa adquisición de material, se fose necesario, sempre e cando non supere un límite e respecte a filosofía da iniciativa non substituíndo a material de refugallo

Do mesmo xeito, de ser necesario, o concello poderá axudar na colocación das decoracións, mais esta colaboración deberá solicitarse con antelación (antes do 16 de xuño) para unha correcta organización.

CONFIRMACIÓN DA PARTICIPACIÓN.- As asociacións interesadas deberán confirmar a súa participación antes do 18 de maio contactando co Departamento de Cultura do Concello da Guarda (986610000 ext.5 ou no mail cultura@aguarda.es)
O 23 de maio celebrarase unha reunión coas asociacións participantes na que se decidirán os enclaves a decorar
PRAZOS DE PARTICIPACIÓN.- As asociacións participantes poderán decorar os enclaves asignados dende o 19 ata o 22 de xuño, para coincidir coa celebración da Festa castrexa, non podendo iniciarse antes pola celebración das Alfombras Florais.
A decoración realizada poderá permanecer durante todo o verán.
DIVULGACIÓN DOS RESULTADOS
Unha vez rematadas as diferentes propostas decorativas publicitaranse na páxina web e mediante nota de prensa remitida a outros medios de comunicación
DEREITOS DE AUTOR
As asociacións participantes autorizan á utilización dos traballos, sen compensación, nas diferentes publicación ou actividades promovidas polo Concello da Guarda, quen deberá citar sempre o autor (salvo que se indique expresamente que non quere ser identificado)
NOTA FINAL
O Concello agradece de antemán a implicación e colaboración das asociacións nestas iniciativas e ofrecerá un pequeno agasallo trala participación nesta campaña
Para calquera aclaración, os interesados poden dirixirse ó Concello da Guarda:
Praza do Reló, 1
Horario: 09:00 -15:00
Tlfno. 986 61 00 00
E-mail: cultura @aguarda.es
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones