Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CONCELLERÍA DE CULTURA DE TOMIÑO ORGANIZA DIFERENTES ACTIVIDADES NAS FESTAS DO ALIVIO 2010

A Concellaría de Cultura organiza tamén varios concertos, entre os que sobresaen os de Cristina Pato e Rosa Cedrón

Fecha: 07 de Septiembre de 2010

Fuente: www.concellotomino.com

A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal organiza con motivo das Festas da Nosa Señora do Alivio a XXVIII Exposición de Pintura Festas do Alivio”, que acostuma a ofrecer nestas datas, coa participación de máis de trinta artistas noveis e consagrados. 

tomiño - exposición de pinturasA mostra, unha das máis representativas da comarca terá lugar na Casa da Cultura tomiñesa entre os días 4 e 12 de setembro, sendo a inauguración o vindeiro sábado 4 de setembro ás 12.00 horas. A exposición permanecerá aberta ao público en horario de mañá (11.00 a 13.00) e tarde (17.00 a 20.00).

A Asociación Deportiva e Cultural do Seixo organiza por segundo ano consecutivo e coa colaboración da Concellaría de Cultura a mostra de fotografías antigas “Tomiño e os seus costumes”. Esta exposición reunirá no Salón de Plenos do Concello unha selección de fotografías antigas das festas do Alivio, cedidas en moitos casos por veciños e veciñas de Tomiño.

A inauguración desta segunda mostra fotográfica será o sábado 4 de setembro ás 11.30 horas, no citado Salón de Plenos.

Concertos
O programa cultural preparado pola concellaría que dirixe Jesús Castiñeira, complétase cunha serie de concertos musicais entre na que sobresae o de Cristina Pato e Rosa Cedrón, que terá lugar o mércores 8 de setembro na Praza do Seixo a partir das 22.00 horas.

O xoves 9 de setembro, tamén na Praza do Seixo, actuarán ás dez da noite, Renato Spencer & Café Caxaça e Grupo Xúpiter.

Colabora na organización destes concertos a Comisión de Festas Nosa Señora do Alivio.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones