Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CONFRARÍA DE A GUARDA DISPORÁ DUN BOLSEIRO DA DEPUTACIÓN

A Deputación aprobou hoxe na xunta de goberno o convenio de colaboración cos 22 pósitos da provincia de Pontevedra por valor de 700.000euros

A Deputación aprobou hoxe na xunta de goberno o convenio de colaboración cos 22 pósitos da provincia de Pontevedra por valor de 700.000euros

Fecha: 02 de Mayo de 2015

Fuente: depo.es

A Deputación aprobou hoxe na xunta de goberno o convenio de colaboración cos 22 pósitos  da provincia de Pontevedra por valor de 700.000euros

 

  • 500.000€ das axudas son para a comercialización, recuperación de bancos marisqueiros, investimentos propios dos pósitos e reparacións de locais.

 

  • 200.000€ destinaranse á contratación dos bolseiros para os pósitos de: A Guarda, Aldán, Cangas, Moaña, Bueu, Arcade, Redondela, Vigo, Baiona, Cambados, Carril, Illa de Arousa, Portonovo, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, , O Grove Lourizán e Marín

 

A Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá na xunta de goberno ratificar o convenio de colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da provincia.

Tal e como se acordou na reunión celebrada no Pazo  Provincial, o pasado  13 de abril entre o presidente Rafael Louzán, a conselleira de Pesca, Rosa Quintana, os representantes das 22 cofradías da provincia e a propia Federación Provincial de Cofradías, a Deputación  destinará  máis de 700.000 euros para apoiar a un sector estratéxico na comunidade tanto pola súa achega económica como polo número de traballadores que emprega.

 18 bolseiros incorpóranse o luns ó traballo nas confrarías

No convenio inclúese a cesión de 18 bolseiros  que durante un ano desenvolverán diferentes tarefas profesionais nos pósitos de A Guarda, Aldán, Cangas, Moaña, Bueu, Arcade, Redondela, Vigo, Baiona, Cambados, Carril, Illa de Arousa, Portonovo, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, O Grove, Lourizán e Marín.

  Este mozos "comezarán o luns, 4 de maio a súa primeira experiencia laboral en varias confrarías da provincia" tal e como destacou o presidente Rafael Louzán,  realizando diversas tarefas acordes coa súa formación profesional.

Segundo se recolle no convenio aprobado, a contratación destes bolseiros é financiada pola Deputación de Pontevedra cunha partida económica de 200.000€

Son 18 titulados universitarios e de formación profesional que  solicitaron participar no Plan de Práctica Laboral pero non acadaron unha bolsa na convocatoria aprobada o pasado mes de marzo, pero que agora se suman  a aqueles  200 mozos e mozas do Plan de Práctica Laboral que poden ampliar a súa formación e dispoñer da primeira oportunidade profesional a través da Deputación de Pontevedra.

 

TITULACIÓNS

Nº de Bolsas

CONFRARÍAS

Bolsas por centro

CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

15

A GUARDA

1

ALDÁN-HÍO

1

ARCADE

1

BAIONA

1

CAMBADOS

1

CANGAS

1

CARRIL

1

ILLA DE AROUSA

1

LOURIZÁN

1

MOAÑA

1

PORTONOVO

1

REDONDELA

1

SANXENXO

1

VIGO

1

VILANOVA DE AROUSA

1

CICLO SUPERIOR EN SECRETARIADO

1

MARÍN

1

CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING

1

O GROVE

1

LICENCIATURA/GRAO EN BIOLOXÍA

1

BUEU

1

 

Liña de axudas para gastos

500.000 euros da cuantía total do convenio aprobado pola Deputación de Pontevedra destinaranse ao financiamento dos gastos derivados da actividade que realiza cada unha das confrarías: comercialización, investimentos propios dos pósitos,  recuperación de bancos marisqueiros así como as reparacións de locais.

A vindeira semana, á espera de que a Federación de Confrarías de Pontevedra remita os datos relativos aos criterios de reparto, o organismo provincial aprobará as cuantías destinadas a cada pósito.

A Deputación adiantará o 50% do investimento de cada confradía e aportará o restante 50% unha vez se xustifiquen os traballos. Estes pagos realizaránse a principios do verán e a finais de setembro, respectivamente

O convenio enmárcase na liña de colaboración que dende hai anos o organismo mantén coa Federación de Confrarías de Pontevedra para o sustento dos gastos derivados do desenvolvemento de programas de fomento do sector.  En 2014, a Deputación aportou 711.000 euros e cedeu 15 bolseiros a través deste convenio de colaboración.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones