Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Confraría Santa Tecla da Guarda financiará a adquisición de caixas de peixe e percebe, así como a posta en marcha do SAI, antivirus e disco SSD

A institución provincial destina a estas axudas, que teñen como obxectivo o apoio e aposta polo sector primario, un investimento de preto de 250.000?

A institución provincial destina a estas axudas, que teñen como obxectivo o apoio e aposta polo sector primario, un investimento de preto de 250.000?

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Septiembre de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Goberno da Deputación vén de dar luz verde ás subvencións dirixidas ás confrarías da provincia como aposta polo sector primario e nas que a institución inviste un orzamento de case 250.000 euros. Estas achegas beneficiarán neste 2022 a 19 confrarías de 17 concellos, en concreto radicadas en Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Entre outras cuestións, as entidades destinarán estas axudas á adquisición de vehículos, material informático, distintos equipamentos necesarios para a súa actividade e investimentos para aforro enerxético ou videovixilancia.

 

A Deputación facilita con estas achegas que estas entidades poidan afrontar cuestións como a comercialización e a valoración de producións; o desenvolvemento de accións de formación técnica entre as súas persoas asociadas; o uso das novas tecnoloxías e das enerxías renovables e o aforro enerxético así como a súa divulgación ou a adquisición de material para a vixilancia. Amais, tamén poden costear investimentos para a mellora dos servizos, en construcións, equipos, elementos de transporte, instalacións, reparacións e mantemento dos locais e as lonxas. E tamén contemplan o financiamento de equipamentos e sistemas informáticos, mobiliario e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos que prestan estas entidades. Nas bases puntúase, entre outras cuestións, a porcentaxe de mulleres que integran os órganos reitores das entidades solicitantes ou os investimentos en proxectos innovadores.

 

Na comarca do Salnés recibirán achegas seis entidades. A Confraría San Antonio de Cambados financiará equipos para lonxa, confraría e vixilancia, mentres que no Grove, a Confraría San Martín a posta en marcha dun sistema de videovixilancia, compra de ordenadores e cámaras frigoríficas e a Confraría San Xulián da Illa de Arousa para adquisición de ordenadores. Por outra banda, en Sanxenxo, a Confraría San Roque de Portonovo destinará a achega á adquisición de ordenadores e periféricos, reparación de portais e outras; en Vilagarcía, a Confraría Virgen del Rosario de Vilaxoán a adquisición dun vehículo e, en Vilanova, a Confraría de Pescadores La Pastoriza a financiar a compra dun vehículo, material de vixilancia e outros equipos.

 

No que atinxe á comarca de Pontevedra, a Confraría San Gregorio de Raxó, en Poio, poderá realizar investimentos en aforro enerxético e en diferentes equipamentos, mentres que a Confraría San Andrés de Lourizán (Pontevedra) destinará a súa achega á reparación da cuberta do Edificio Social e adquisicións varias. A Confraría Pedra da Oliveira de Vilaboa dedicará a partida á adquisición de material de vixilancia e de aforro enerxético.

 

Na comarca de Vigo, a Confraría La Anunciada de Baiona destinará a súa achega á adquisición de material de vixilancia, ordenadores, mobiliario e reparación de lancha. En Redondela a Confraría de San Juan poderá costear material de vixilancia, ordenadores e software da plataforma Xesmar e, en Soutomaior, serán dúas as entidades beneficiadas: a Confraría Virgen del Carmen poderá comprar de material de vixilancia e gastos para mellora de servizos e a Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra destinará a partida á celebración de xornadas formativas sobre tramitacións electrónicas. Amais, en Vigo, a Confraría San Francisco financiará adquisicións varias e a reparación dun pantalán.

 

Por outra banda, na comarca do Morrazo, a Confraría San Martiño de Bueu poderá realizar melloras no carro varadeiro e para a adquisición de caixas de peixe reutilizables. En Cangas, a Confraría San José abordará investimentos varios na confraría e a lonxa do concello, mentres que a Confraría San Cipriano de Aldán (Hío) adquirirá dun vehículo entre outras cuestións, e en Moaña, a Confraría San Martín ordenadores e outras compras.

 

Por último, na comarca do Baixo Miño, a Confraría Santa Tecla da Guarda financiará a adquisición de caixas de peixe e percebe, así como a posta en marcha do SAI, antivirus e disco SSD.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones