Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Confraria Santa Tecla recurre o plan de xestión e a xefatura territorial resolve zonas para extracción da mexilla

A confraría de A Guarda amosa a súa total indignación e indefensión ante a postura da Consellería do Mar, que premia aos bateeiros e castiga aos percebeiros sen ningunha xustificación que atenda a explotación racional e sostible dos recursos.

A confraría de A Guarda amosa a súa total indignación e indefensión ante a postura da Consellería do Mar, que premia aos bateeiros e castiga aos percebeiros sen ningunha xustificación que atenda a explotación racional e sostible dos recursos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Abril de 2023

Fuente: Confraría de Pescadores Santa Tecla da Guarda

A confraría de A Guarda amosa a súa total indignación e indefensión ante a postura da Consellería do Mar, que premia aos bateeiros e castiga aos percebeiros sen ningunha xustificación que atenda a explotación racional e sostible dos recursos.

O plan de xestión de percebe a pé de A Guarda para o trienio 2022-2024  foi aprobado pola Consellería do Mar con 8 zonas moi concretas e definidas onde non se pode extraer mexilla para protexer e conservar o percebe. Estas zonas supoñen o 35 % de todo o ámbito territorial onde coexisten as 2 especies (percebe e mexilla), polo que no 65 % restante, sí se pode extraer mexilla. As zonas exclusivas de percebe estableceronse en base a informes técnicos que cumplían cos criterios establecidos pola consellería do mar, baseados na calidade do percebe e na súa especial importancia para o desenvolvemento do plan de xestión.

No que vai de ano, a cofradía comunicou a consellería a detección de raspadas de mexilla en 30 puntos que afectan ao 87% (8 de 9) das zonas de percebe protexidas, ocasionando graves danos aos bancos de percebe e deixando nalgúns casos as rochas totalmente núas.

Os bateeiros están continuamente invadindo a zona protexida única i exclusivamente para o percebe ao que o noso servizo de vixiancia teñen que indicarle que se retiren de dita zona,   incluso detectouse que viñeron as rochas fora do horario establecido, vindo de madrugada.

Pero ademáis de soportar con impotencia coma os bateeiros incumplen a normativa extraendo mexilla en zonas prohibidas, a consellería pretende modificar o plan de percebe de A Guarda para aumentar as zonas de extracción de mexilla en detrimento das zonas de percebe protexidas.

A zona en concreto que queren abrir atópase actualmente arrasada, despois de que unha multitude de bateeiros acudirán a este tramo de costa a extraer mexilla grazas a unha Resolución da Dirección Xeral de Pesca e Acuicultura que o permitía, e que finalmente foi anulada para quedar sen efecto, por ir en contra da Orde que aproba os plans de xestión de recursos específicos en Galicia.

Neste momento a confraría presentou alegacións en contra da proposta da Consellería do Mar de modificar o plan, argumentando que a reducción das zonas protexidas de percebe vai en contra da explotación sostible dos recursos, perxudica gravemente os obxectivos biolóxicos e ecolóxicos do plan de xestión de percebe, e solo atende a motivos socio-económicos que benefician aos bateeiros, sin ningún tipo de planificación, nin de garantía no que respecta a conservación dos recursos.

A data de hoxe temos unha resolución en como a Xefatura Territorial da Conselleria do Mar en Vigo, aproban o plan adaptado  unhas zonas para que se poida capturar mexilla, facendo caso omiso ás alegacións presentadas por esta Confraria.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí