Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN NON ATENDE AOS CENTROS DE ENSINO DA GUARDA

Son reparacións urxentes e necesarias.

En repetidas ocasións o Xefe Provincial comprometeuse en realizar unha visita aos centros neste curso.

Fecha: 28 de Febrero de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Dende fai moitos meses, nalgúns casos anos, estase demandando dende os centros de ensino de primaria, ANPAS e dende o Concello da Guarda determinadas actuacións á Xefatura Territorial da Consellería de Educación.

As actuacións que necesitan os centros e que os técnicos da Consellería asumen que se deben realizar foron solicitadas en repetidas ocasións e están avaladas por informes do aparellador municipal e propio persoal da Consellería. Incluso, na maioría dos casos, o propio Xefe Provincial considerou a necesidade da execución das obras e adquiriu o compromiso de realizalas.

As principais actuacións que se demandaron da Consellería teñen que ver coa seguridade nos centros de ensino, como no caso do colexio As Solanas, no que é necesaria a reparación da cuberta e unhas ventás do pavillón. Ou o cuberto do patio principal do colexio A Sangriña, que pode representar un perigo os días de vento polo desprendemento de elementos do tellado, como sucedeu o curso pasado. Neste caso existía un compromiso, por parte do Xefe Provincial, de incluír esta obra nos orzamentos do 2015. Compromiso que non se cumpriu.

O colexio Manuel Rodríguez Sinde leva esperando pola reparación do canalón do pavillón dende o curso pasado e aínda, a estas alturas do inverno, non se sabe nada. Os días de choiva, ao estar roto este canalón, a auga da cuberta do pavillón vai directamente a rampla de acceso ao colexio, facéndoa impracticable.

Son reparacións urxentes e necesarias. Non ten ningún sentido atrasalas. Estes problemas deberían estar resoltos antes de que empezara o duro do inverno. Agora son máis necesarias aínda e esperemos que non se produza ningún incidente por causa de non resolver a tempo estas deficiencias.

En repetidas ocasións o Xefe Provincial comprometeuse en realizar unha visita aos centros neste curso. Visita que sempre se pospuxo e que nunca se produciu.

O Concello da Guarda demanda, en coordinación cos consellos escolares, nos que está representada toda a comunidade educativa, unha solución a estes problemas.

Antonio Lomba Baz
Concelleiro de Educación do Concello da Guarda

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones