Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación achega 64.000 ? á Guarda para melloras no Castelo de Santa Cruz e nos recursos deportivos

Dentro do Plan Concellos 2016, o Goberno provincial leva concedidos 556.302,63 ? para A Guarda, o 78% do total destinado

Dentro do Plan Concellos 2016, o Goberno provincial leva concedidos 556.302,63 ? para A Guarda, o 78% do total destinado

Fecha: 23 de Julio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolucións presidenciais, tres novas achegas económicas, por valor dun total de 64.067,01 €, para o concello da Guarda, dentro da liña 1 -investimentos- do Plan Concellos 2016. Unha contía, de 25.322,42 €, destinarase para a reparación do campo de fútbol municipal. Outra achega, de 22.685,77 €, será para o equipamento deportivo das Solanas. En último lugar, 16.058,82 € terán como finalidade o subministro do equipamento audiovisual do Castelo de Santa Cruz e outros equipamentos para o centro de interpretación do Castelo.

Dentro da liña 1, estas cantidades xa veñen sumarse a outras aprobadas polo Goberno provincial por un total de 198.563,23 € para a realización de obras de mellora no pavillón das Solanas, a adquisición dunha varredora e tamén de mobiliario da Casa dos Alonso e un proxecto de rehabilitación e construción dun miradoiro.

Ao abeiro da liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais- aprobáronse un total de 26.689,5 € para o Entroido, o Torneo de Xadrez, as Andainas, a Feira do Libro, o programa Atletismo na Natureza, a Exposición 2016 e a IX Gala do Deporte. Na liña 4 -emprego- outorgáronse 160.037,50 € para a contratación de 24 empregados e empregadas para realizar diferentes tarefas municipais. Así mesmo, o goberno provincial tamén destinou 106.945,39 € para gastos correntes, amortizacións e pagamentos de débedas (liña 2).

No que vai de ano, a Deputación de Pontevedra leva entregados xa 556.302,63 € ao concello da Guarda, o que representa o 78% do total do Plan Concellos para este municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones