Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A deputación apoia 164 proxectos a través da liña de axudas para actividades do ano castelao

Na comarca do Baixo Miño foron aprobados 16 proxectos de asociacións e agrupacións culturais por un importe total de 26.441.66 euros

Na comarca do Baixo Miño foron aprobados 16 proxectos de asociacións e agrupacións culturais por un importe total de 26.441.66 euros

Fecha: 20 de Agosto de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

Co obxecto desta liña de axudas, convocada en réxime de concorrencia competitiva, é o de promover e fomentar actividades culturais enmarcadas dentro do 'Ano Castelao' realizadas por persoas físicas e xurídicas sen fins de lucro. En total foron aprobados 164 proxectos presentados por asociacións e agrupacións culturais de toda a provincia. Por comarcas, en Deza e Tabeirós - Terra de Montes concedéronse 13 proxectos, no Morrazo 24, no Salnés 18, na de Caldas 12, no Baixo Miño 16, no Condado - Paradanta 7, na comarca de Pontevedra 24, e na de Vigo 50.

Convén lembrar que esta liña dá cabida a proxectos e propostas enfocadas a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais, e en especial as disciplinas que cultivou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ou as que están relacionadas coa súa figura, e que contribúen á modernización e recuperación da cultura galega. A través destas axudas apóianse actividades tales como as xornadas e eventos relacionados coa memoria histórica; as actividades relacionadas co patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico; os festivais de corais, de música e baile tradicional; os intercambios culturais; e outros eventos nos que se fai referencia á figura de Castelao.

Para a adxudicación destas subvencións, as bases reguladores contemplaban catro criterios: a difusión da actividade, segundo sexa de ámbito local, provincial, nacional ou internacional; o orzamento total da actividade; a porcentaxe solicitada de financiamento; e a adecuación da actividade ao interese provincial.

Comarca do Baixo Miño

Nos concellos da comarca do Baixo Miño foron aprobados un total de 16 proxectos que reciben un investimento total de 26.441,66 euros. O concello de Oia conta con seis proxectos concedidos: "Semana Cultural Castelao en Viladesuso" da Asociación de Veciños de San Miguel de Viladesuso; "Xuntaza de Corais Ano Castelao" da Coral Polifónica Vagalume; "Difusión do patrimonio cultural" da Asociación Costa dos Castros; "Festival Ano Castelao" da Asociación Veciñal Santa Eugenia de Mougas; "Semana Cultural de Pedornes en honra a Castelao" da Asociación Cultural San Mamede; e "Acto promoción dos muíños de Oia" da Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia.
Tomiño conta con tres proxectos: "VII Concurso Exposición da Camelia de Tomiño" da Asociación de Vigueses no Baixo Miño; "VIII Concurso Exposición de Pintura na Sala Solleiro e II Escultura" da Asociación Cultural D. e R. Solleiro; e "Intercambio Cultural" da Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio. Tamén O Rosal conta con tres proxectos: "XXXIII Exposición filatélica e Numismática" do Grupo Filatélico Numismático Val do Rosal; "Intercambio músico-cultural a Fuerteventura" da Agrupación Musical do Rosal; e "Concurso de debuxo" da Asociación de Comerciantes e Industrias do Rosal. A Guarda conta con dous proxectos: ""Exposición Filatélica Esfimiño" da Sociedade filatélica e Numismática Guardesa; e "Intercambio músico-cultural a Ribadeo e Pola de Laviana" da Agrupación Musical da Guarda. E Tui conta tamén con dous: "III Festival de Bandas de Gaitas de Gillarei" da Asociación Cultural Lembranzas da Terra; e "Celebración do Día da Muiñeira" da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Xuvenil San Telmo de Tui.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones