Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA COMEZA A REALIZAR A REDACCIÓN DO INFORME AVALIATIVO DAS 40.000 PEZAS ATOPADAS EN SANTA TREGA

O arqueólogo da institución, Rafael Rodríguez, sinalou que as probas de Carbono 14 confirman que a ocupación do castro se iniciou antes do século IV A.C.

"Cabezón do Trega", achado nas escavacións realizadas en Santa Trega e actualmente no MASAT

Fecha: 21 de Mayo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do arqueólogo da institución, Rafael Rodríguez, deu a coñecer os principais datos relativos á conclusión dos traballos de escavación no Castro de Santa Trega. Silva, destacou que se atoparon no recinto máis de 40.000 pezas que están sendo analizadas por persoal da institución provincial e que formarán parte do informe avaliativo que se comezou a redactar hoxe.

A Deputación de Pontevedra, a través do protocolo asinado co Ministerio de Fomento, está a acometer unha serie de actuacións para poñer en valor 18 xacementos galaico-romanos da provincia. A través desta actuación, que inclúe, tal e como subliñou Silva, dende labores de limpeza, mantemento e escavación, ata actividades de promoción, creación de ambientes museográficos e o rexistro dixital dos xacementos en 3D, a institución provincial pretende impulsar o patrimonio e a dinamización socioeconómica, cultural e turística de Pontevedra.

O arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, subliñou que a intervención en Santa Trega realizouse nun área de 2000 m2 onde se atoparon 40.000 pezas e 43 estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares. Rodríguez destacou que ata o de agora pensábase que o castro estivera ocupado entre o século I A.C. ata o I D.C. pero "as probas de Carbono 14 realizadas veñen a confirmar que a ocupación se iniciou antes do século IV A.C., incluso vestixios indican que puido ter lugar no século VIII A.C.".

Rafael Rodríguez deu a coñecer que foi no século II A.C. cando se intensifica a ocupación do Trega e no século I A.C. cando se reformulan os espazos e as familias comezan a crear as súas unidades e estruturas familiares. Neste contexto, Rodríguez subliña que "foi a partir do século I A.C. cando se evidencia a existencia e diferenciación entre o mundo privado e o público en Santa Trega".

A falta do informe avaliativo que se iniciou hoxe, Rodríguez avanzou que "entre as 40.000 pezas encontradas, algunhas delas procedentes de Cartago, norte de África e Sur da Península Ibérica, aparecen obxectos do mundo cotiá pero tamén outros tantos, como o Cabezón do Trega, relacionados co mundo das crenzas e relixioso". Neste contexto, Rafael Rodríguez destacou a existencia de construcións significativas como unha edificación romana, de carácter social ou relixioso, baixo a cal se sitúa a famosa "gruta do Trega", na que se atoparon vestixios do século IV A.C., e que se estima que tiña tamén un uso relacionado co mundo das crenzas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones