Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra entrega máis de 43.000 pezas ao Museo Arqueolóxico do Santa Trega da Guarda

Carmela Silva subliña que a institución provincial está a concluír o proceso administrativo para adxudicar a consolidación e restauración das estruturas arquitectónicas atopadas

Carmela Silva subliña que a institución provincial está a concluír o proceso administrativo para adxudicar a consolidación e restauración das estruturas arquitectónicas atopadas

Fecha: 16 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe a entrega de máis de 43.000 pezas de restos arqueolóxicos procedentes da escavacións do Barrio de Mergelina ao Museo Arqueolóxico do Santa Trega (MASAT).

En total son 175 caixas que conteñen os 43.832 fragmentos atopados nas escavacións de máis de 2.500 metros cadrados no Barrio Mergelina, dentro del Castro de Santa Trega. Segundo subliñou a Presidenta da Deputación as escavacións amais das máis de coirenta mil pezas de cerámica, metais e líticos descubriu nesta zona 43 estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e permitiu datar a ocupación do castro dende o século cuarto Antes de Cristo, cando ate de agora falabamos dos séculos un Antes de Cristo ou o século primeiro Despois de Cristo.

Os traballos de escavación realizáronse entre os meses de setembro de 2015 ate marzo de 2016 e, dende ese momento, as labores feitas no Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico (CXCA), situado no Pazo Liñares en Lalín, permitiron a identificación, o lavado, restauración e inventariado dos 43.832 fragmentos.

En total foron 221 pezas as debuxadas, 442 fotografadas, dez metais tratados e reconstruíronse seis ánforas das cales dúas están case que completas. Amais, nos últimos meses, traballouse na preparación e embalaxe dos materiais para o seu traslado ao MASAT.

Por último, Carmela Silva tamén anunciou que a Deputación está a concluír o proceso administrativo para adxudicar os traballos de restauración e consolidación das 43 estruturas das vivendas e dos muros para evitar o seu deterioro. A Presidenta subliñou que este proceso pode concluír en pouco máis dun mes e medio.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones