Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra financia con máis de 120.000 euros a urbanización da rúa Calvario na Guarda

Trátase dun investimento do Plan Concellos 2019, ao través do cal a Deputación pon a disposición da vila un total de 808.965,46 euros, un 2,94% máis que no 2018

Trátase dun investimento do Plan Concellos 2019, ao través do cal a Deputación pon a disposición da vila un total de 808.965,46 euros, un 2,94% máis que no 2018

Fecha: 25 de Febrero de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación pola Xunta de Goberno dun investimento para A Guarda con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 121.951,87 euros cos que a vila poderá financiar a urbanización da rúa Calvario entre os números 48 e 73. Este ano a institución provincial pon a disposición de A Guarda ao través do Plan un total de 808.965,46 euros, un 2,94% máis que no 2018.

Máis polo miúdo, a actuación contempla a urbanización e mellora dos servizos existentes na rúa O Calvario. Neste eido, algunhas das obras previstas abarcan a demolición e levantado do pavimento actual, o movemento de terras, a execución de soleras de formigón, a instalación de solados de granito, e a renovación das tubaxes de saneamento e de abastecemento.

Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 562.964,54 euros, o concello de A Guarda tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 71.340,27 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 174.660,65 euros da Liña 3 de emprego cos que a Deputación financia a contratación de 15 traballadores e traballadoras para o concello.

Neste novo ano 2019, no total da provincia, a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos 59 municipios ao través do Plan Concellos case 43 millóns e medio de euros, o que supón un 3,3% máis que no exercicio anterior.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones