Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra impulsa o certificado de calidade sicted entre o sector turístico de A Guarda

Superan as 50 novas empresas que pediron a súa inclusión no selo de calidade turística dende o inicio da campaña

Superan as 50 novas empresas que pediron a súa inclusión no selo de calidade turística dende o inicio da campaña

Fecha: 21 de Abril de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra impulsa ao longo deste ano un plan de asesoramento gratuíto entre as empresas turísticas da provincia para implantar o certificado de calidade SICTED. O deputado de Turismo, Santos Héctor, subliñou hoxe nunha sesión informativa sobre o proxecto, que se celebrou na localidade de A Guarda, que xa son máis de 50 as empresas de toda a provincia que teñen solicitado a súa inclusión no certificado de calidade turística dende que se comezou a campaña. Santos Héctor estivo acompañado na presentación polo alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; a deputada provincial e concelleira, Montse Magallanes e por Tania Abalde da consultora que implanta o SICTED.

Segundo destacou Santos Héctor "queremos converter esta comarca nun referente como destino turístico e implantar sistemas que certifiquen a calidade dos nosos establecementos e servizos turísticos suporá dar un plus de excelencia para unha localidade tan turística como A Guarda".

O deputado de Turismo destacou que neste intre existen 203 empresas na provincia que contan co certificado SICTED e que a previsión é que este ano se incremente a cifra ate case acadar as trescentas empresas. De feito, Santos Héctor subliñou que nestes primeiros encontros co sector a demanda dos interesados está sendo moi importante achegándose a máis de 50 empresas que solicitaron a súa inclusión no SICTED.

Tania Abalde, responsable da empresa consultora que vai implantar a certificación, insistiu en que a metodoloxía e os requisitos son esixidos pola Secretaría de Turismo do goberno de España, que é quen finalmente outorga a distinción.

Para poder optar á certificación, as empresas deben estar englobadas nalgún dos 32 oficios que identifica o SICTED, que son praias; bares e cafeterías; axencias de viaxe; guías turísticos; seguridade cidadá; comercios; cámpings; adegas; portos deportivos; palacios de congresos; hoteis e apartamentos; turismo industrial; servizos de limpeza; taxis; albergues; convention bureaux; outros servizos; aloxamentos rurais; artesáns; atraque de cruceiros e ferries; servizos turísticos de saúde; empresas de transporte turístico; estacións de esquí e montaña; espazos naturais protexidos; oficinas de información turística; museos e centros de interese turístico; empresas de turismo activo; escolas de español para estranxeiros; aluguer de vehículos e embarcacións de recreo; campos de golf e campos de pitch&putt; restaurantes e empresas turísticas de catering.

As empresas terán ate o próximo día 14 de setembro para adherirse ao proxecto. Posteriormente, abrirase un proceso de formación e asesoramento individual a cada empresa para concluír coa avaliación final. Por último, será Turismo Rías Baixas quen valora as propostas que finalmente obteñan a certificación .

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones