Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA IMPULSA O PROGRAMA -DEGUSTA EUROPA- PARA PROMOVER A GASTRONOMÍA EUROPEA DESDE OS MERCADOS MUNICIPAIS

A Guarda acollerá un show cooking o Mércores 11 de Maio a partires das 11:00h da mañá

A gastronomía é unha manifestación cultural dos pobos, que fortalece e forxa a súa identidade e singularidade

Fecha: 29 de Abril de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada por alcaldesas e alcaldes e concelleiras e concelleiros de Pontevedra, Vigo, Bueu, Cambados, Caldas de Reis e A Guarda, e responsables dos centros públicos educativos Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra, deu a coñecer o programa "Degusta Europa", enmarcado nunha serie de actuacións que a institución provincial promoverá para conmemorar o Día de Europa.

Carmela Silva recordou que o 9 de maio de 1950 o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schumann, pronunciou un discurso para impulsar a cooperación política en materia de carbón e aceiro entre as nacións de Europa que se converteu no xerme da Unión Europea. Por tal motivo, conmemórase esta data como Día de Europa e -tal e como destacou Silva- "aprovéitase a ocasión para enxalzar os principais valores da Unión Europea, asentados na paz, solidariedade, proxecto común, benestar, dereitos humanos, unidade,... que tristemente hoxe non estamos a sentir en Europa". Neste contexto, a Presidenta da Deputación de Pontevedra reivindicou que "a Europa na que estamos a vivir non é a Europa coa que estamos comprometidos, a Europa dos valores e dos pobos, e por iso queremos abrir un debate a través dunha serie de actuacións que estamos a preparar con motivo do Día de Europa para concienciar á cidadanía da necesidade de salvagardar os dereitos das persoas e impulsar un modelo europeo diferente ó actual, un modelo que estea baseado no respecto, na solidariedade, na paz e nos dereitos humanos".

Así, a primeira das actuacións será "Degusta Europa", que ten por obxectivo simbolizar a unión entre os diferentes pobos europeos empregando como elemento motor a gastronomía ó tempo que se impulsa a materia prima da provincia de Pontevedra. Neste eido, Silva destacou que "a gastronomía é unha manifestación cultural dos pobos, que fortalece e forxa a súa identidade e singularidade" e engadiu que "non hai mellor forma de coñecer un país, a súa cultura, o seu modo de vivir, que a través das súas costumes gastronómicas. Por todo iso, a través de Degusta Europa, que se iniciará a vindeira semana, en concreto a partir do 3 de maio, queremos facer fincapé na riqueza cultural do noso continente, representada pola gastronómica, e enxalzar o máis local e autóctono: os nosos mercados municipais e os produtos da nosa terra".

Para elo, un grupo de profesorado e alumnado voluntario dos centros educativos públicos Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo encargaranse de comprar produtos das Rías Baixas nos mercados municipais e, alí mesmo e ó estilo dun show cooking, elaborar pratos típicos de diferentes países europeos que poderán ser degustados a partir das 11:00 da mañá. En concreto, o profesorado e alumnado do Carlos Oroza encargarase das degustacións nos concellos de Caldas (3 de maio), Pontevedra (6 de maio) e Cambados (10 de maio) e as profesoras e profesores e estudantes do Manuel Antonio nos concellos de A Guarda (11 de maio), Bueu (12 de maio) e Vigo (13 maio).

Tanto as alcaldesas e alcaldes e concelleiras e concelleiros de Pontevedra, Vigo, Bueu, Cambados, Caldas de Reis e A Guarda, como as e os responsables dos centros públicos educativos Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra manifestaron a boa acollida do evento e a total colaboración coa Deputación de Pontevedra tanto para poñer en valor a gastronomía,os produtos locais e os mercados municipais como para reivindicar un novo modelo para Europa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones