Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PRESENTA UN PROXECTO PARA IMPULSAR A MEMORIA HISTÓRICA -O MIÑO: SOLIDARIEDADE SEN FRONTEIRAS-

O proxecto, titulado -O Miño: solidariedade sen fronteiras-, desenvolverase na provincia de Pontevedra, Melgaço e Valença

Trátase dun proxecto transnacional que se presenta, por vez primeira, ó programa -Europa cos cidadáns-

Fecha: 27 de Abril de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada dos deputados provinciais, David Regades e Juan González, de representantes das Cámaras Municipais de Melgaço e Valença, da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e do Instituto de Estudios Miñorans (IEM), presentou o proxecto "O Miño: Solidariedade sen Fronteiras" para o impulso da memoria histórica na provincia de Pontevedra e norte de Portugal.

Carmela Silva comezou a súa intervención coa reflexión de Saramago "hai que recuperar, manter e transmitir a memoria histórica, porque se empeza polo esquecemento e termínase na indiferenza". Neste eido, Silva manifestou que "para non acabar na indiferenza e evitar acontecementos como os que tiveron lugar durante a Guerra Civil, e que lamentablemente estamos a vivir neste momento en Europa, puxemos en marcha o proxecto que servirá para recuperar a nosa memoria histórica e poñer en valor a tantas mulleres e homes que, loitando por un mundo igualitario e máis xusto, puxeron en perigo ou perderon as súas vidas".

A Presidenta da Deputación explicou que "O Miño: Solidariedade sen Fronteiras", cun orzamento de 125.000 €, trátase dun proxecto transnacional que se presenta, por vez primeira, ó programa "Europa cos cidadáns". A súa finalidade é sensibilizar sobre a memoria histórica, incentivando a participación e dirixíndose, principalmente, á poboación xuvenil da provincia de Pontevedra e Norte de Portugal. Para elo, darase a coñecer como afectou o conflito a ambos lados do Miño e farase fincapé en como milleiras e milleiros de galegas e galegos cruzaron o río fuxindo da guerra, da fame, da miseria e da represión e daquelas e daqueles que arriscaron as súas vidas para abastecer á provincia de alimentos e medicamentos.

O proxecto tamén vai contribuír á reparación e recuperación da memoria individual e colectiva das persoas represaliadas e refuxiadas da Guerra Civil Española, renderlles unha homenaxe ás vítimas e un recoñecemento ó pobo portugués, fortalecendo o sentimento europeo e os valores solidarios, democráticos e de paz que, tal e como subliñou Silva, "hoxe, na Unión Europea, están sendo cuestionados". Neste eido, a Presidenta da Deputación destacou que "O Miño: Solidariedade sen Fronteiras" nos vai converter nunha administración decente".

Pola súa banda o deputado provincial Juan González destacou que o proxecto se asenta no coñecemento, difusión e participación para divulgar a historia de España entre 1936 e 1939, impulsando a importancia dunha Europa símbolo de solidariedade, diálogo e defensa da democracia. Amais, trata de fomentar a reflexión e motivar a participación cidadá, poñendo en valor os lazos existentes entre España e Portugal, a través de accións que se desenvolverán entre setembro de 2016 e xuño de 2018.

Así, desenvolveranse uns obradoiros didácticos sobre memoria e fronteira, dirixidos ó alumnado de 17 anos de institutos de Pontevedra, Valença e Melgaço, a través dos cales preténdese achegar os feitos históricos e fomentar o debate sobre as consecuencias das guerras nas sociedades civís e no espazo europeo. Estes obradoiros, compostos de accións creativas e recursos audiovisuais, serán coordinados pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e o Instituto de Estudos Miñoráns.

Tamén se desenvolverá un certame aberto de investigación, ó que poderán presentarse persoas cuxa investigación verse sobre a recuperación da memoria histórica e a Guerra Civil Española, que concluirá cun foro de debate para a posta en común dos resultados. Outra das actuacións será unha exposición itinerante dos camiños da solidariedade, con materiais aportados polo Instituto de Estudos Miñoráns, e un encontro cultural pola memoria e a paz que pretende agradecer a solidariedade e refuxio do pobo portugués coas persoas represaliadas da Guerra Civil Española.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones