Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Deputación edita -Na sombra do Trega- que compila a riqueza patrimonial de A Guarda

A publicación está coordinada por Francisco Álvarez ?Koki- e conta con colaboracións dunha ducia de historiadores relacionados co concello

Recolle desde o patrimonio arqueolóxico e urbanístico, ata a evolución histórica, pasando polos deportes, as casas indianas ou a visión do concello na obra de diferentes pintores

Fecha: 10 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Centro Cultural da Guarda acolleu esta tarde a presentación de ‘Na sombra do Tegra', un libro coordinado por Francisco Álvarez ‘Koki' e que conta cunha ducia de colaboracións, e que edita a Deputación de Pontevedra. Na presentación, encabezada polo responsable provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, participaron o coordinador, Francisco Álvarez ‘Koki', dous dos autores colaboradores, Joaquín Miguel Villa Álvarez e Xoán Martínez Tamuxe, e o alcalde da localidade, Antonio Lomba. Entre os asistentes tamén se contaban Ricardo Rodríguez Vicente, autor colaborador no libro e excorresponsal dun medio de comunicación na comarca, o deputado provincial de Turismo, Santos Héctor, e a deputada provincial de Emprego e tamén tenente de alcalde da Guarda, Montse Magallanes.

"O libro que hoxe temos aquí que, a base de retallos de diferentes autores e de épocas moi diversas, ofrece unha radiografía moi completa de todo o patrimonio deste concello é un traballo impagable" asegurou Xosé Leal durante a súa intervención. O deputado provincial de Cultura e Lingua indicou ademais que "este tipo de publicacións son precisamente as que debemos promover desde a Deputación, para dar voz ás persoas coñecedoras da historia comunitaria de cada un dos lugares da provincia e para que esta historia perviva para xeracións futuras".

"Este é un libro cun contido moi plural e ademais cun traballo editorial precioso, e agora por primeira vez A Guarda ten unha publicación digna e moi interesante tanto para a veciñanza como para os visitantes e turistas" asegurou Francisco Álvarez ‘Koki'. O coordinador do volume indicou que concibiu este libro porque "na biblioteca da Deputación encontrei unha enorme cantidade de libros de todos os concellos galegos menos da Guarda, e esa eiva foi o xerme desta teima que hoxe vemos materializada en forma de libro".

O libro, dividido en 33 capítulos, aborda diferentes aspectos do patrimonio do concello desde a importante riqueza arqueolóxica que lle dá sona ata a evolución urbanística, das comunicacións viarias, e da industria. Tamén ten capítulos dedicados á Guarda na obra de diferentes pintores, poemas e textos dedicados ao Monte de Santa Tegra, a cerámica Castelo de Santa Cruz, o Hospital de San Marcos, o cinema relacionado co concello, as casas indianas, e un breve refraneiro local-popular. O deporte, a prensa e manifestacións culturais como a literatura tamén teñen epígrafes particulares. Por último, o material gráfico acada un importante protagonismo. Fotos históricas de diferentes momentos e épocas conviven con imaxes de equipos deportivos, unha gra colección de carteis de todo tipo, e imaxes dos puntos de interese máis representativos tomadas tanto no século XIX como no XX.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí