Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación elaborará un estudo de mobilidade sostible e integral do núcleo urbano da Guarda

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acordaron manter unha segunda xuntanza en outubro para planificar as actuacións que se establezan en dito proxecto

A partires dunha demanda do Concello para urbanizar a rúa Concepción Arenal, Uxío Benítez ofreceulle un estudo máis amplo que evite actuacións illadas e promova a ordenación dos fluxos de tráfico en toda a contorna desa rúa

Fecha: 05 de Agosto de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e varios técnicos provinciais mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, co concelleiro da mesma localidade, Miguel Español, e coa deputada provincial e tamén concelleira, Montse Magallanes. A reunión viña determinada a partires dunha demanda do Concello para urbanizar a estrada de titularidade provincial EP-3401 no tramo que pasa pola rúa Concepción Arenal -baixada ao porto-, e reorganizar o tráfico nesta zona. Unha solicitude que derivou nun acordo entre ambas Administracións para acometer un proxecto máis amplo, que comezará coa elaboración dun estudo de mobilidade sostible e integral da contorna de dita rúa.

"Trátase de evitar actuacións illadas e a curto prazo, e de acometer un proxecto con amplitude de miras, que redunde nunha reorganización dos fluxos de tráfico eficiente e que cumpra os requisitos mobilidade sostible que estamos promovendo desde este departamento" asegurou Uxío Benítez tras a xuntanza.

Segundo o acordado entre Deputación e Concello, o primeiro paso será realizar o estudo de mobilidade sostible por parte do equipo técnico do departamento provincial de Mobilidade. Ademais, tanto Uxío Benítez como Antonio Lomba quedaron emprazados para unha segunda xuntanza á altura do mes de outubro para analizar as actuacións propostas no proxecto e tomar as decisións relativas de cara á súa planificación e calendarización. A partires desta segunda xuntanza, acordaranse a primeira actuación e a posible sinatura dun convenio de colaboración entre ambas Administracións antes de final deste mesmo exercicio.

A decisión tomada esta mañá atende ao obxectivo de deseñar actuacións viarias que respondan a estándares de seguranza e sempre atendendo a demandas e necesidades plantexadas desde os propios concellos. O proxecto, ademais de aumentar a seguranza viaria, tamén prestará especial atención aos espazos de coexistencia entre os diferentes sistemas de desprazamento, ás necesidades dos colectivos máis vulnerables, e ao respecto ás singularidades de cada espazo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones