Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Deputación inicia este xoves a mellora do firme da rúa Concepción Arenal de A Guarda

As obras iniciaranse este xoves 18 para que a estrada estea en condicións para a celebración da festividade do Corpus

As obras iniciaranse este xoves 18 para que a estrada estea en condicións para a celebración da festividade do Corpus

Fecha: 16 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O departamento de Mobilidade de Pontevedra realizará de xeito inmediato a mellora do firme dun treito de máis de medio quilómetro da rúa Concepción Arenal, a estrada provincial EP-3401 de acceso ao Porto de A Guarda. A actuación consiste na rehabilitación integral do firme, fresando a capa de rodadura existente e repoñendo o asfaltado nas zonas máis deterioradas.

Esta actuación, realizada pola área dirixida polo deputado Uxío Benítez, ten un orzamento de 5.996,61 euros e pretende deixar a zona de tránsito da vía, dende a Alameda ata o Porto, en bo estado para a celebración do Corpus, festividade pola que se realizarán as tradicionais alfombras florais. A obra realízase despois da reunión mantida co alcalde da vila e a intención é iniciar os traballos este xoves día 18 e que estean finalizados como máximo nunha semana.

Esta actuación na rúa Concepción Arenal non é a única que a Deputación de Pontevedra ten en carteira para a rúa. Hai que lembrar que a institución provincial realizou un Estudo de Mobilidade para a vila no que se propón un deseño da estrada máis orientado a promocionar a mobilidade peonil, segura, sustentable e inclusiva, para o que se está a traballar da man do concello.

A mellora de Concepción Arenal baixo eses criterios de mobilidade sustentábel poderían chegar a curto prazo no caso de que o proxecto para o acceso alternativo ao Porto de A Guarda saia adiante. Nese sentido, o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, lembra que a Deputación de Pontevedra está a traballar na elaboración dunha proposta e que se pretende implicar á Xunta de Galicia na súa execución, xa que ao tratarse dunha vía de acceso a unha zona portuaria sería da súa competencia. "É necesario enlazar a zona portuaria mediante eixos de comunicación máis eficientes que os actuais para os vehículos, evitando que camións de grandes dimensións e tonelaxe teñan que pasar polo núcleo da vila a través de Concepción Arenal", sinalou envarias ocasións Benítez.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí