Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN LEVA Á GUARDA UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O TRAXE TRADICIONAL GALEGO

-Vestidos con pincel, cosidos con agulla. Traxes tradicionais galegos- poderá visitarse no Centro Cultural entre o 10 e o 27 de decembro

-Vestidos con pincel, cosidos con agulla. Traxes tradicionais galegos- poderá visitarse no Centro Cultural entre o 10 e o 27 de decembro

Fecha: 10 de Diciembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A exposición 'Vestidos con pincel, cosidos con agulla. Traxes tradicionais galegos' poderá visitarse, da man da Deputación de Pontevedra, na sala de exposicións do Centro Cultural de A Guarda a partires de mañá día 10 e ata o 27 de decembro. Trátase dunha mostra conformada por paneis nos que se reproducen obras importantes da historia da pintura galega e nas que aparecen reproducidos diferentes traxes tradicionais. Recóllense obras de pintores de primeira fila da historia da pintura do noso país, e que se conservan no Museo de Pontevedra, como é o caso de Fernando Álvarez de Sotomayor, Carlos Sobrino, Suárez Castro, Román Navarro ou o mesmo Alfonso Daniel R. Castelao.

A través desta exposición pode facer un percorrido pola historia do traxe tradicional galego e os elementos que o conforman, como son os tecidos cos que estaban confeccionadas as diferentes pezas, as diferentes prendas e o seu uso, o tipo de bordados, o calzado, as xoias e os complementos.

A mostra trata de facer un itinerario no que pode apreciarse a historia e a evolución do traxe tradicional, que experimentou numerosos cambios desde a súa orixe adaptándose aos gustos e necesidades de diferentes épocas, permanecendo o traxe dos séculos XVIII e XIX como o arquetipo máis doadamente identificable a primeira vista.

Actividades paralelas

Co obxecto de contribuír a recuperar e manter viva a tradición relacionada co traxe tradicional, a exposición inclúe un obradoiro de adobíos de bordado ao aire, que se celebrará en dúas sesións, os días 12 e 19 de decembro, en horario de 11 a 13 horas. Este obradoiro permitirá aprender e practicar as técnicas básicas do bordado ao aire con vidriños seguindo as técnicas de elaboración do século XIX.

Para os máis pequenos e pequenas tamén se realizará un obradoiro, baixo o título 'Viste o teu Cadro!'. Será impartido a través dunha aplicación informática que lles permitirá traballar e xogar coa creación de cadros propios, colocando as pezas do traxe tradicional galego aos personaxes das obras que vaian creando. Este obradoiro terá lugar o luns 21 de decembro en horario de 11:30 a 13 horas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí