Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A DEPUTACIÓN LEVA A TOMIÑO UNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS MULLERES MÁIS RELEVANTES DA HISTORIA GALEGA

Poderá visitarse no Mercado de Tomiño, entre o 21 de novembro e o 6 de decembro, en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

-Mulleres galegas na Historia- poderá visitarse ata o 6 de decembro no Mercado de Tomiño

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A mostra "Mulleres galegas na Historia", que amosa e pon en valor a vida e a traxectoria profesional das mulleres galegas máis representativas, poderá visitarse no Mercado de Tomiño, entre o 21 de novembro e o 6 de decembro, en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Esta exposición forma parte das actividades culturais que a área de Cultura da Deputación está a levar por 21 concellos da provincia no último trimestre do ano.

A exposición está composta por varios paneis que ofrecen, dun xeito sinxelo e comprensible, información sobre figuras femininas de diferentes épocas históricas e que foron refentes en diferentes ámbitos e disciplinas. Os paneis conteñen fotografías e información básica sobre os datos biográficos, o campo no que sobresaen, ao tempo que fai un percorrido sobre os fitos máis importantes das súas traxectorias vitais e profesionais e, nalgúns casos, inclúe citas e declaracións da muller homenaxeada.

Aínda que as mulleres reseñadas nos paneis soen ser amplamente coñecidas, a información dos paneis permite afondar no papel que desempeñaron cada unha no contexto e momento histórico no que lle tocou vivir.

A mostra inclúe figuras como a da soldadeira do medievo María Balteira, a heroína coruñesa María Pita, o papel de María Castaña nas revoltas contra os señores feudais, María Soliña torturada e condenada por bruxería na época da Inquisición, a labor a favor da reforma do sistema penitenciario levado a cabo por Concepción Arenal, a obra das escritoras Emilia Pardo Bazán e Xela Arias, a bailarina da Belle Epoque coñecida como La Bella Otero, a mestra Ernestina Otero, a pintora surrealista Maruja Mallo, a mestra e guerrilleira antifranquista Enriqueta Otero, a pintora de natureza María Antonia Dans, ou a actriz de teatro María Casares.

"Mulleres galegas na Historia" inclúe como actividade paralela unha sesión de contacontos a cargo de Celso Fernández Sanmartín que se celebrará o mércores 25 de novembro ás 12 horas no Mercado de Tomiño. A sesión xirará ao redor de contos tradicionais galegos que teñen como protagonistas a mulleres

Esta exposición inclúese nas actividades culturais que desde a Deputación se poñen a disposición dos concellos da provincia e que, no que resta ata final de ano, completará un itinerario de 21 concellos. En total son 4 exposicións, "As veas (continúan abertas)", "Mulleres galegas na Historia", "Fotografías de José Bellver", e "Insectos xilófagos devoradores de madeira"; dous concentos infantís, "Os Piñeiriños' e " Concerto infantil de Manoele de Felisa"; e varios obradoiros de restauración para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí