Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN OFERTA CURSOS DE INGLÉS PARA A XUVENTUDE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

4 cursos de inglés que se convocan este mes de maio

4 cursos de inglés que se convocan este mes de maio

Fecha: 20 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Entre as actividades de formación que se están a organizar dende a Deputación de Pontevedra para a xuventude da provincia, atópanse 4 cursos de inglés que se convocan este mes de maio. Contan con 40 horas de clases presenciais cada un en horario de mañá, dende as 10 ás 14 horas.

Nestes cursos poderán participar mozos e mozas entre os 16 e 35 anos de idade, ambos incluídos, cos requisitos de que estean empadroados ou empadroadas nalgún concello da provincia e que teñan como mínimo un coñecemento da lingua equivalente ao nivel A2 de acordo ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas que ten que ser acreditado cun certificado obtido nos últimos tres anos.

Presentación de solicitudes ata o 21 de xuño
Os citados cursos terán lugar nos concellos de Sanxenxo, Cangas, Vilagarcía de Arousa e Nigrán. Este último, quizais o máis interesante para os xoves da Guarda por proximidade, pechará a presentación de solicitudes o 21 de xuño, ao igual que o de Vilagarcía. No caso dos outros dous cursos, o de Cangas e o de Sanxenxo, o prazo remata antes, o 24 de maio.

Estes catro cursos ofertan un total de 80 prazas, 20 por cada un, e para que se cheguen a realizar será necesario un mínimo de 10 alumnos por cada un dos cursos. Os interesados en inscribirse deben presentar as solicitudes mediante o formulario web e presentando o xustificante electrónico xerado, ou mediante o formulario impreso que se pode atopar na páxina da Deputación www.depo.es . Toda a documentación requerida pode ser entregada en calquera das oficinas do rexistro da Deputación na provincia.

As datas e lugares dos cursos son as seguintes:

-Nigrán: do 4 ao 14 de xullo.
Centro Antena. Otero Pedrayo, 52
-Sanxenxo: do 6 ao 17 de xuño.
Pazo Emilia Pardo Bazán. C/Miraflores, 26 A
-Cangas: do 20 de xuño ao 1 de xullo
Casa de la cultura. Plaza de San Xoán, s/n
-Vilagarcía de Arousa: do 18 ao 29 de xullo
Centro de formación CEMIT. Avda. de Matosinhos, 1

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones