Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A deputación rematará a reforma integral de Concepción Arenal en A Guarda na primavera

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez indica que as obras, adxudicadas hoxe oficialmente en Xunta de Goberno, comezarán a mediados de setembro

O nacionalista lembra que a cidadanía aproveitará ao máximo a nova rúa cando se constrúa o novo acceso ao Porto pola zona sur

Fecha: 01 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a adxudicación do proxecto de ‘Recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na rúa Concepción Arenal EP-3401 de acceso ao porto en A Guarda' á empresa ‘Obras, Reformas e Saneamentos SL'. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez,o obxectivo do departamento de Mobilidade é que as obras poidan comezar a mediados do mes de setembro e que o novo aspecto da rúa sexa unha realidade para a primavera, sempre que non se produzan complicacións coa climatoloxía.

A empresa adxudicataria foi elixida entre as 17 propostas que competiron polo contrato ao presentar a mellor oferta técnica e económica, reducindo o prezo de licitación ata os 1,171.888,13 euros e o prazo de execución de dez a oito meses. Nas vindeiras xornadas a concesionaria terá que presentar a documentación pertinente, asinar o contrato de xeito definitivo, e realizar a acta de replantexamento do proxecto, para logo dar inicio aos traballos directamente na rúa.

Segundo lembra o deputado Uxío Benítez a mellora integral da rúa Concepción Arenal, de titularidade provincial, busca recuperar o espazo público da rúa para veciñas e veciños deixando claro que a circulación peonil é a principal na estrada, pero fomentando tamén a convivencia co tránsito rodado. O nacionalista destaca, de feito, que a nova rúa facilitará e promoverá os tránsitos peonís cara ao Porto solucionando os problemas que a día de hoxe causa o tráfico e a existencia de beirarrúas mínimas, en mal estado, e con nula accesibilidade.

O deputado de Mobilidade aproveitou a oportunidade para lembrar que a nova rúa acadará o máximo aproveitamento por parte da cidadanía cando se desenvolva o novo acceso ao Porto pola zona sur que a Xunta debe tramitar como proxecto sectorial. Lembrou que existen tres alternativas deseñadas pola Deputación que permitirían retirar o tráfico pesado do centro da vila e instou ao goberno galego a traballar para dar unha solución á veciñanza. "A Deputación está implicada en atender os dous problemas de mobilidade de A Guarda. En breve porá en marcha as obras para recuperar Concepción Arenal para os peóns, e deseñou varias propostas para crear un novo o acceso ao Porto. A para crear esa nova vía pelota está agora no tellado da Xunta, que é a administración competente para executala", insistiu.


Calidade urbana

As obras en Concepción Arenal reformarán 8.527,85 metros cadrados de espazo público nunha lonxitude de 670 metros. A nova rúa terá unha plataforma única desestruturada e non lineal con once redutores físicos de velocidade de vehículos, e unha velocidade máxima permitida de 20 quilómetros por hora. Crearase unha grande praza na fronte do convento de San Bieito e darase un novo tratamento para a praza de Avelino Vicente. En ambos casos limitarase o aparcamento actual para recuperar a maior cantidade de superficie de espazo público para a cidadanía e crearanse zonas de descanso e reunión de grande calidade urbana con espazos verdes, bancos, pérgolas, mobiliario urbano e nova iluminación. Unha vez rematada a reforma integral a estrada pasará a ser de titularidade municipal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones