Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación subvenciona unha aplicación para a xestión informática do padrón

A veciñanza poderá realizar os trámites padroais a través da Sede Electrónica do Concello da Guarda.

A veciñanza poderá realizar os trámites padroais a través da Sede Electrónica do Concello da Guarda.

Fecha: 24 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda vén de adherirse ao Acordo Marco da Deputación de Pontevedra para a prestación do servizo de implantación, uso e soporte dunha solución de padrón municipal para os concellos da provincia.

Este novo servizo permitirá, entre outras cousas, a implantación dunha nova aplicación para a xestión informática do padrón de habitantes. Deste xeito, a veciñanza poderá realizar xestións relacionadas co padrón a través da Sede Electrónica do Concello da Guarda, a través de Internet e dende a súa casa, o que reducirá os tempos de espera e xerará unha administración máis próxima e cómoda para a cidadanía.

O sistema permitirá, así mesmo, simplificar a xestión interna do padrón, axilizando a tramitación de expedientes relacionados coas altas, baixas, modificacións ou renovacións padroais, entre outras xestións. A Deputación de Pontevedra financiará o servizo durante dous anos, prorrogables por dous anos máis. Este comezará a funcionar, previsiblemente, a mediados do mes de xuño.

Amais deste acordo, o Concello da Guarda vén de adherirse ao Acordo marco da institución provincial para a contratación do servizo de impresión e dixitalización municipal, que se fará efectivo unha vez se produza o traslado á nova casa do concello. Este convenio permitirá acceder a un sistema de contrato único que abarca todas as necesidades dos sistemas de impresión e dixitalización municipais, dun xeito máis sinxelo e en condicións máis competitivas que na contratación individual.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones