Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A deputada Montse Magallanes supervisa en Oia as obras do Plan Concellos

Nos tres anos de goberno de Carmela Silva, a institución provincial leva destinado ao Concello de Oia case 2,5 millóns de euros

Só co Plan Concellos deste ano, a Deputación de Pontevedra pon a disposición do municipio 757.063 euros, un 74,5% máis que en 2017

Fecha: 20 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A deputada de Emprego, Montse Magallanes, visitou este mediodía as actuacións postas en marcha en Oia coas achegas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para a rede de saneamento no camiño Videira (Viladesuso) e para a rehabilitación de lavadoiros en Vilar (Pedornes). Para estas iniciativas o Goberno provincial investiu 25.994,94 euros.

Tal e como puido comprobar hoxe a deputada, acompañada pola alcaldesa Cristina Correa, acometéronse actuacións de conexión das vivendas existentes e das futuras previstas á rede de saneamento proxectada no camiño Videira. Fixéronse demolicións, escavacións de gabias e recheo, instalacións de tubaxes e pozos de rexistro e a reposición do pavimento de formigón. Así mesmo, a través do Plan Concellos tamén se fixeron traballos para a recuperación dos lavadoiros tradicionais do rural en Vilar. A rehabilitación proxectouse substituíndo a cuberta actual por unha nova de madeira, con columnas de pedra enteiriza e procedendo ao picado e limpeza dos muros.

A Deputación de Pontevedra destinou o ano pasado a Oia algo máis de 433.000 euros dentro do Plan Concellos. Neste exercicio, a institución provincial incrementou a contía nun 74,5%, polo que ten posto a disposición deste municipio case 760.000 euros.

Case 2,5 millóns de euros da Deputación en investimentos no Concello
No que vai de lexislatura, o Goberno provincial destinou a Oia case 2,5 millóns de euros entre todas as áreas de goberno. En concreto, dende o servizo de Cooperación destináronse máis de 1,7 millóns de euros, entre as partidas destinadas para o Plan Concellos, así como outras achegas distintas para iluminación exterior, préstamos sen xuros, sinalización de rutas ou reparación de instalacións deportivas e espazos públicos, entres outras actuacións.

Ademais, a área de Cohesión Social e Xuventude achegou a Oia un total de 103.916 euros. Trátase de partidas para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais, as axudas básicas de emerxencia e a teleasistencia domiciliaria. Así mesmo, houbo achegas para distintos programas, como Depotermal, DepoAventura, DepoRuarte ou Tecendo Lazos.

En canto á área de Deportes, Oia leva recibidos 15.663 euros, que comprenden achegas para o deporte federado, para a Copa de Fútbol Deputación de Pontevedra, para subvencións de actividades deportivas e para subvencións individuais extraordinarias.

Na área de Igualdade, Oia beneficiouse de achegas da Deputación por valor de 16.078 euros para o fomento da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero, así como para a formación das mulleres da vila co programa "Conectadas". Neste eido tamén se impulsou o programa "Cinema e Muller". En materia de emprego, Oia contou con máis de 29.100 euros a través das distintas edicións do Plan de Práctica Laboral impulsado pola institución provincial.

Oia tamén recibiu, nestes tres anos de Goberno provincial, máis de 77.330 euros no servizo de Cultura. A través destas achegas, asociacións do municipio puideron promover actividades culturais ou adquirir instrumentos e vestiario. Así mesmo, houbo axudas para actividades de dinamización lingüística, para rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural, así como achegas polo Ano Castelao ou o Ano Patrimonio.

Dende Medio Ambiente destináronse a Oia preto de 14.000 euros para a redacción do proxecto do parque forestal "Serra de Groba e Costa". O Goberno de Carmela Silva achegou tamén máis de 1.200 euros ao concello de Oia en materia de Novas Tecnoloxías para o servizo de Administración electrónica.

Case 416.000 euros chegaron nestes anos ao concello de Oia a través da área de Mobilidade. As partidas destináronse para obras en viarios, asistencias técnicas para proxectos, rozas e limpezas de estradas, pintados de viarios e sinalizacións. A través da área de Turismo destináronse a oia case 20.000 euros para axudas a asociacións culturais e para promoción de rutas e o Camiño Portugués pola costa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones