Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño presenta catro producións propias na mostra de fin de curso

O sábado próximo ás 20.00h, actuará o Grupo Xuvenil, coa obra -TV Desastre- e ás 22.00h, farao o Grupo de Adultos con -O Balneario-, ambas representacións no auditorio goianés

O sábado próximo ás 20.00h, actuará o Grupo Xuvenil, coa obra -TV Desastre- e ás 22.00h, farao o Grupo de Adultos con -O Balneario-, ambas representacións no auditorio goianés

Fecha: 22 de Junio de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Un ano máis, a Escola Municipal de Teatro de Tomiño, presenta a súa mostra de final de curso. Será esta fin de semana e a seguinte no auditorio de Goián e na Casa da Cultura.
O sábado ás 20.00 horas actuará o Grupo Xuvenil 2, coa obra "TV Desastre" e ás 22.00, farao o Grupo de Adultos con "O Balneario", ambas representacións no auditorio goianés.

O domingo ás 20.00h será o Grupo Infantil quen presente "Os Ovos Misteriosos". A continuación, o Grupo Xuvenil 1 porá en escena outra peza teatral titulada "Tod@s somos diferentes".
Por outra banda, o domingo 30 de xuño, a partir das 21.00h o Grupo de Adultos volverá a representar "O Balneario" pero esta vez na Casa da Cultura.

Dende hai varios anos as profesoras Alba Tamara e Beatriz Campos, do grupo Migallas Teatro, imparten as clases dos diferentes grupos de idade da Escola Municipal de Teatro de Tomiño, comezando nun primeiro momento o grupo infantil e creándose logo o xuvenil. O grupo de adultos comezou o ano pasado e fórmao unha ducia de participantes.


"O Balneario" é unha peza teatral cómica de creación colectiva feita a partir da obra "Un inimigo do pobo" de Henrik Ibsen. Con este texto como punto de partida o grupo de teatro de Tomiño fai unha proposta cómica moi divertida e para todos os públicos.

A historia transcorre a principios do século XX nunha vila singular que ten un balneario con modernas terapias que curan tódolos males a base de litros e litros de auga. O Balneario é o motor económico e social deste lugar no que a vida transcorre placidamente ata que as cousas comezan a empeorar...

A peza do grupo xuvenil 2 "TV Desastre", está baseada nunha crítica á televisión actual e feita a base de improvisacións. A obra do grupo xuvenil 1 (8 a 12 anos), "Tod@s somos diferentes", trata sobre o acoso escolar, e está creada en base ás propias experiencias dos cativos e cativas, propoñendo ao mesmo tempo posibles solucións.

"Os ovos misteriosos", obra interpretada polo grupo infantil, trata sobre os diferentes tipos de familia que existen na actualidade e sobre os vínculos de amor e tolerancia no seo familiar.

Os grupos infantil e xuvenil contan con medio centenar de estudantes. Os máis pequenos traballan cada ano sobre un fío condutor que neste curso foi o de pintores renacentistas. Rematan o curso a semana que vén coa busca dun tesouro e unha xornada de xogos populares.


Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones