Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A exposición -Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar- amplía a súa estadía na guarda ata o 7 de setembro

A mostra, promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, mostra as distintas facetas do traballo feminino no ámbito marítimo

A mostra, promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, mostra as distintas facetas do traballo feminino no ámbito marítimo

Fecha: 28 de Agosto de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A exposición "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" prorroga a súa estancia no Museo do Mar da Guarda ata o 7 de setembro. Grazas a esta mostra promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, todas as persoas interesadas poden coñecer máis de cerca a participación e o papel da muller no mundo do mar en horario de 11.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 horas todos os días da semana.

"Sustentabilidade en feminino" chegou á vila do Baixo Miño en xuño despois do seu paso polo Campus de Ourense, de Vigo e o de Pontevedra. De feito, foi neste último no que xurdiu a idea, da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, de impulsar unha exposición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos en relación co mundo marítimo.

A mostra, que pode verse no Museo do Mar da Guarda está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández. "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o ocultado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre as futuras persoas profesionais e científicas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones