Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A exposición -Auga, o sangue da terra- de Manuel Valcárcel poderá visitarse en Tui ata o 22 de febreiro

A mostra chega á cidade froito do convenio asinado entre o Concello de Tui, ABANCA e Afundación

A mostra chega á cidade froito do convenio asinado entre o Concello de Tui, ABANCA e Afundación

Fecha: 15 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tui

Do 1 ao 22 de febreiro a Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, acollerá a exposición «Auga, o sangue da terra» de Manuel Valcárcel. Esta mostra chegará a Tui grazas ao convenio de colaboración cultural asinado esta mañá polo o alcalde, Carlos Vázquez Padín; a directora de Oficina de ABANCA de Tui, Uxía Arranz Costas; e a Coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores. Asistiron tamén o concelleiro de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente, Eduardo Freiría, e a directora da outra Oficina da ABANCA de Tui, Mª Teba García.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, amosou a súa satisfacción por poder chegar a este acordo con ABANCA e Afundación, acordo que agarda "sexa o primeiro de moitos sucesivos". Lembrou que Tui "é unha das cidades máis importantes de Galicia dende a perspectiva histórica, monumental e artística" apuntando a importancia de sumar sinerxias con entidades máis fortes.

O concelleiro de Cultura, Patrimonio, e Medio Ambiente, Eduardo Freiría, agradeceu a ABANCA e AFundación a colaboración establecida para esta exposición que integra a arte e o coidado dos recursos naturais chegue a Tui e poder así ampliar a extensa oferta cultural da cidade. Dicía que isto é so un comezo e agardan seguir colaborando.

A Coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores, explicou que este convenio forma parte da corrente cultural que teñen establecido para poder compartir o proxecto cultural por todas as localidades de Galicia. Mentres a directora de Oficina de ABANCA de Tui, Uxía Arranz Costas, apuntou que este convenio contribúe a enriquecer a axenda cultural do municipio e se converte nun atractivo turístico máis.

A exposición «Auga, o sangue da terra», que será inaugurada o 1 de febreiro ás 19.30h, realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos como Nova Celandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a conca do lucense río Lor foron fotografados por Manuel Valcárcel e recollidos neste proxecto expositivo que ten como obxectivo valorar a auga como elemento vital e amosar como inflúe a presenza ou ausencia de auga nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas.
 
As imaxes están distribuídas en tres bloques. O primeiro, «Os estados da auga», recolle fotografías tomadas en Nova Celandia e Galicia, co río Lor como protagonista, que plasmano paso da auga en estado sólido ao líquido e, ao mesmo tempo, os engarces entre a montaña e o mar.

«A auga e a vida» conforma o segundo bloque con imaxes de dous lugares do continente asiático. Un deles é Varanasi, na India, por onde pasa o río Ganges, que forma parte da vida espiritual dos hindús e é destino sacro de peregrinación. O segundo lugar é Longshen Guilin, na China, onde o manexo da auga por parte do ser humano determinou a paisaxe. As ladeiras reconstruíronse con terrazas nas que se cultiva o arroz.

«Vivindo na escaseza» é o último bloque que trata sobre a escaseza e ausencia de auga. Inclúe imaxes de Malí e os seus pescadores bozo, quen, aproveitando a época seca, recollen todo o peixe que poden no río Níxer para despois vendelo. A escaseza de auga tamén se ilustra con imaxes do deserto de Atacama, onde a seca deu lugar a unha paisaxe lunar.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones