Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Exposición de Costiña acada máis de 8000 visitas no Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, en colaboración co Proxecto Socheo e o Concello da Guarda, expuxo as fotografías e os filmes deste pioneiro fotógrafo e cineasta guardés

O Museo do Pobo Galego, en colaboración co Proxecto Socheo e o Concello da Guarda, expuxo as fotografías e os filmes deste pioneiro fotógrafo e cineasta guardés

Fecha: 10 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A mostra «Camiños da imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela ‘Costiña'» inaugurouse no mes de abril no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

O Museo do Pobo Galego, en colaboración co Proxecto Socheo e o Concello da Guarda, expuxo as fotografías e os filmes deste pioneiro fotógrafo e cineasta guardés, acadando máis de 8000 visitas, destacando entre elas visitas de toda a xeografía galega, nacional e tamén internacional.

O Proxecto Socheo para a recuperación da memoria visual da Guarda e o Baixo Miño foi o encargado do traballo de investigación e recuperación dos arquivos, datados dos anos 20 e cedidos pola familia do autor. Co apoio do Concello da Guarda, estes materiais mostráronse primeiramente nesta vila (2016), nunha exposición da que agora podemos gozar en Santiago de Compostela.

Nesta liña, Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, destaca a importancia dos labores de recuperación e difusión do traballo deste pioneiro guardés, «cun gran valor etnográfico e sentimental para A Guarda» por retratar escenas da vida cotiá dunha época, ata fai pouco inéditas.

A mostra está enmarcada nas actividades paralelas á Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego.

Sobre a obra de «Costiña»
Joaquín García Portela naceu na Guarda en 1894. Emigrou a Bos Aires (Arxentina), onde afondou na súa formación como fotógrafo, retornando á vila xunto coa súa familia nos anos 20. Aquí abriu o seu estudo de fotografía, exercendo ata a súa morte en 1957.
O seu interese pola técnica levouno a sacarse a licenza de técnico de radios e a mercar un proxector e unha cámara Pathé de 9,5 mm, coa que realizou numerosos filmes de tipo familiar e costumista. «Costiña» foi, así, o precursor do cinema na Guarda.

O seu arquivo contén os primeiros filmes feitos sobre A Guarda e por un guardés que se conservan na actualidade, realizados entre os anos 1926 e 1929; mais tamén exerceu como fotógrafo, dándolle unha natureza polifacética e orixinal ás súas imaxes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones