Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Exposición ?De Pontevedra a Río 2016- visita Oia

A mostra fotográfica, que inaugurará este venres a deputada de Deportes, Chelo Besada, poderase visitar na Oficina de Turismo de Oia ata o domingo 16 de xullo

A mostra fotográfica, que inaugurará este venres a deputada de Deportes, Chelo Besada, poderase visitar na Oficina de Turismo de Oia ata o domingo 16 de xullo

Fecha: 07 de Julio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A deputada de Deportes, Chelo Besada, acompañada pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, inaugurará mañá venres ás 19:00 horas a exposición fotográfica "De Pontevedra a Río 2016", organizada pola Deputación de Pontevedra, nun acto que terá lugar na Oficina de Turismo do Concello de Oia. Esta iniciativa, réndelle homenaxe aos e ás deportistas olímpicos e olímpicas, por unha banda, e paralímpicos e paralímpicas, pola outra, da provincia de Pontevedra que participaron nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos e dos Xogos Paralímpicos en Río.

A mostra estará aberta ata o domingo 16 de xullo e poderase visitar na Oficina de Turismo os luns e martes das 12:00 horas ás 17:00 horas, e os mércores e domingos das 10:00 ás 20:00 horas.

A exposición, que comezou no Pazo Provincial o pasado mes de outubro, xa recalou en diversas localidades da provincia como Tui, Cambados, Nigrán, Sanxenxo, Lalín, As Neves, Silleda, A Estrada, Marín, Ponteareas, O Rosal, Cangas, Meaño, Mondariz ou Valga, e ao longo deste ano ten previsto estar á disposición do público en arredor en 10 concellos máis.

"De Pontevedra a Río 2016" recolle o palmarés dos e das 16 deportistas que participaron nos Xogos nuns paneis individuais nos que se poden comprobar as súas traxectorias deportivas. Os 16 de "Río 2016" son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones