Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A exposición -Escenarios da Prehistoria- permanece aberta ao público ata o 31 de outubro no Centro Cultural da Guarda

O horario, de luns a venres, será das 10 ás 13 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde; os sábados só en horario de mañá das 10 ás 13 horas

O horario, de luns a venres, será das 10 ás 13 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde; os sábados só en horario de mañá das 10 ás 13 horas

Fecha: 27 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Durante esta semana e ata fin do mes de outubro todo o que o desexe pode achegarse ata o Centro Cultural da Guarda para visitar a exposición "Escenarios da Prehistoria". A mostra, que foi inaugurada o pasado 14 deste mes, estará aberta ao público ata o luns 31 e o horario, de luns a venres, será das 10 ás 13 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde; os sábados só en horario de mañá das 10 ás 13 horas.

A mostra chegou ó Concello da Guarda tras estar en Marín, Mos e Cuntis, e está organizada polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra dentro da programación cultural do Ano Castelao. Nesta exposición inclúense 37 fotografías, que están acompañadas de textos que explican os xacementos que nelas se amosan.

En conxunto coas obras fotográficas, as ilustracións e os paneis explicativos que as acompañan faise un percorrido polas mámoas, castros e petróglifos máis singulares da provincia a través das fotografías de Federico de la Peña. Ademais, a exposición busca reflexar a preocupación que Castelao sempre mostrou polo noso patrimonio arqueolóxico e artístico e que deixou patente en obras como ‘As cruces de pedra na Galiza'. É a idea de conservar o noso patrimonio a que vertebra a exposición ‘Escenarios da Prehistoria', na que se pon de manifesto un dos bens patrimoniais máis relevante da provincia de Pontevedra, como é a súa riqueza en asentamentos prehistóricos de gran relevancia.

Quedan por tanto uns últimos días para desfrutar dunha exposición que se divide en catro grandes bloques temáticos: Asentamentos paleolíticos, Monumentos megalíticos, Petróglifos e Castros; e que ten como obxectivo principal poñer en valor o patrimonio da provincia de Pontevedra, dándoo a coñecer nos seus diferentes concellos.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones