Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A EXPOSICIÓN -GALICIA-CABO VERDE: UNHA IRMANDADE- AMÓSASE NA GUARDA

A mostra, que permanecerá no concello ata finais do mes de marzo, reúne vinte instantáneas realizadas polo fotoxornalista Rober Amado no país lusófono, a onde viaxou como gañador da primeira edición do certame Imaxes con Fondo.

A mostra, que permanecerá no concello ata finais do mes de marzo, reúne vinte instantáneas realizadas polo fotoxornalista Rober Amado no país lusófono, a onde viaxou como gañador da primeira edición do certame Imaxes con Fondo.

Fecha: 25 de Marzo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

A exposición fotográfica ‘Galicia-Cabo Verde: unha irmandade' amósase no Concello da Guarda da man do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que a administración local é socia. A mostra, que permanecerá no concello ata finais do mes de marzo, reúne vinte instantáneas realizadas polo fotoxornalista Rober Amado no país lusófono, a onde viaxou como gañador da primeira edición do certame Imaxes con Fondo.

O reporteiro ferrolán, colaborador de diversos medios e galardoado tamén co premio Tiflos da ONCE, pasou un mes visitando boa parte dos proxectos de desenvolvemento alí apoiados polo Fondo Galego, coa Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos como parceiro local. Froito do seu percorrido por media ducia de illas son as imaxes protagonizadas polas persoas beneficiarias destas intervencións, retratos da vida cotiá que en conxunto achegan ao espectador á realidade do arquipélago africano.

Desde 2002, o Fondo Galego cofinanciou no país lusófono máis de 30 proxectos de cooperación en materia de xénero, educación, auga e saneamento, vivenda ou infraestruturas comunitarias. A exposición fotográfica, que se estreou a finais de 2013 coincidindo coa conmemoración da Irmandade Galicia- Cabo Verde que se concretou na visita dunha delegación caboverdiana, compleméntase con catro paneis explicativos.

O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 87 Concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido uns 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones