Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A exposición -Luis Davila. A retranca dun país- estará en Tomiño ata o 27 de novembro

Poderá visitarse no Auditorio de Goián ata o 27 de novembro

Poderá visitarse no Auditorio de Goián ata o 27 de novembro

Fecha: 21 de Noviembre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

Aberta ao público no Auditorio de Goián a exposición 'Luis Davila. A retranca dun país', que está a percorrer varios concellos da provincia no marco do programa de actividades culturais que o departamento provincial de Cultura e Lingua promove con motivo do Ano Castelao.

O obxectivo desta mostra é o de poñer en valor o legado dunha figura histórica como a de Castelao, pero dun xeito actualizado e botando man do traballo dun debuxante amplamente coñecido e recoñecido como é Luis Davila. Así, partindo de que nos anos 20 e 30 do século XX Castelao colaborou nos diarios vigueses Galicia e Faro de Vigo coa publicación dunha serie de viñetas tituladas de maneira xenérica "Cousas da vida", conéctase esta actividade coa dun debuxante coma Luis Davila que na actualidade, e tamén desde a prensa galega, trata as realidades galegas do día a día.

A exposición 'Luis Davila. A retranca dun país' propón un percorrido polas viñetas mais exitosas deste deseñador gráfico e humorista. Conta ademais cunha audioguía/signoguía á que se pode acceder ben a través da páxina web da Deputación de Pontevedra, ben a través de QR, e que foi elaborada en colaboración con XOGA para facilitar que as persoas con dificultades auditivas poidan acceder a contidos culturais en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.

A exposición poderá visitarse no Auditorio de Goián ata o vindeiro 27 de novembro, de luns a venres en horario de 17 a 20 horas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones