Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Exposición -Raíces Celtas en la Amazonía venezolana- chega á Guarda este martes

Nesta mostra os visitantes poderán apreciar fotografías en cor que amosan o traballo en operacións de asistencia sanitaria a comunidades indíxenas illadas, sobre todo poboacións -yanomamis- da Amazonía venezolana.

Nesta mostra os visitantes poderán apreciar fotografías en cor que amosan o traballo en operacións de asistencia sanitaria a comunidades indíxenas illadas, sobre todo poboacións -yanomamis- da Amazonía venezolana.

Fecha: 21 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A partires deste martes día 21 de agosto de 2018 a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a mostra «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» da autoría de Oscar Noya-Alarcón.

Nesta mostra os visitantes poderán apreciar fotografías en cor que amosan o traballo en operacións de asistencia sanitaria a comunidades indíxenas illadas, sobre todo poboacións «yanomamis» da Amazonía venezolana.

O Doctor Oscar Noya-Alarcón, venezolano e español de descendencia guardesa, é un médico parasitólogo do Centro Amazónico de Investigación e Control de enfermidades tropicais e asociado ao Instituto de Medicina tropical, traballa dende fai 10 anos no Programa de eliminación de oncocercosis no foco sur de Venezuela, último reduto no continente americano (xunto con Brasil) dunha enfermidade parasitaria que envellece a pel e deixa cegas ás persoas. O grupo de traballo de saúde, asiste a máis de 350 comunidades indíxenas de difícil acceso na selva, atendendo a máis de 16.000 persoas.

Estas 17 fotografías de elementos humanos e naturais da Amazonía venezolana son parte do escenario onde se desenrola este importante trabalo de eliminación dunha enfermidade no continente americano e de mellora dos indicadores de saúde, partindo do respecto dunha das culturas que alí habitan e resgardando o medio ambiente que sustenta esta parte importante do planeta.

Fai moitos anos na época colonial no continente americano, se introduciron xunto cos escravos moitas enfermidades infecciosas, entre elas a oncocercosis, unha parasitosis que produce un envellecemento prematuro da pel e que ten a súa peor consecuencia na diminución da agudeza visual que pode chegar ata a cegueira irreversible, por isto esta enfermidade tamén é chamada a cegueira dos ríos. Esta enfermidade se introduciu en seis países de América: México, Guatemala, Colombia, Ecuador, Brasil e Venezuela, e xa está eliminada na case totalidade dos países, quedando só un foco desta oncocecosis entre a selva amazónica de Brasil e Venezuela afectando a poboacións indíxenas yanomami, Yekwana e hoti.

Dentro do Programa Nacional de Eliminación de Oncocercosis en Venezuela se conta cun equipo de traballo composto por médicos, biólogos, técnicos de oncocercosis e entomólogos dos cales día a día se busca a maneira de abordar ás máis de 350 comunidades indíxenas afectadas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones