Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A exposición sobre as Marcas dos Pescadores inaugúrase este sábado na Guarda

Inaugúrase este sábado día 22 de setembro ás 19:00h na Casa dos Alonsos da Guarda

Inaugúrase este sábado día 22 de setembro ás 19:00h na Casa dos Alonsos da Guarda

Fecha: 22 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

Despois do seu paso por Póvoa de Varzím, onde foi inaugurada a principios do pasado mes de xullo, a Exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa e da Guarda inaugúrase este sábado día 22 de setembro ás 19:00h na Casa dos Alonsos da Guarda.

A exposición recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores.

Despois dunha breve explicación sobre os diferentes contidos desta exposición, realizarase unha tertulia, dirixida por Agustín Ferreira Lourenzo, na que participaran pescadores de Póvoa de Varzím e da Guarda, onde se intercambiaran experiencias, anécdotas, memorias e sobre todo, afondar a forte vinculación existente entre estes dous municipios.

As fronteiras non separan as augas do mar e aos seus pescadores, nos tempos de barcos a remos e velas os povoeiros tiñan moita vinculacións con Galicia e coa Guarda, onde atopaban abrigo ante os temporais do mar e onde tamén visitaban a ermida de Santa Trega, as súas marcas foron sempre un punto en común entre eles, unha maneira de identificarse entre si, nun tempo no que non existían outras formas de comunicacións ou de distinción, compartindo as marcas coma un nexo histórico-cultural común.

A Exposición Marcas dos Mariñeiros visita A Guarda dende este venres 21 de setembro e ata o 6 de outubro, enmarcada nos actos previos á celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará na Guarda do 11 ao 14 de xullo de 2019.

Embarcación a remos e vela

Está previsto a chegada dunha embarcación povoeira con 15 tripulantes a remo e vela, que embarcará na Guarda sobre ás 13:00h do mediodía.

Todo aquel que desexe coñecela e dar un paseo, realizaránse dous percorridos polo Porto da Guarda dende as 16:00h.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones