Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Exposición Sorrisos Transformadores chega ao Rosal

A exposición estará no CPI Suárez Marquier ata o día 22 de xaneiro con acceso libre para toda a poboación.

A exposición estará no CPI Suárez Marquier ata o día 22 de xaneiro con acceso libre para toda a poboación.

Fecha: 12 de Enero de 2018

Fuente: Concello de O Rosal

SORRISOS TRANSFORMADORES
 
O pasado mércores día 10 de xaneiro, tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal a inauguración da exposición fotográfica SORRISOS TRANSFORMADORES, levada a cabo pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de familias con menores Trans- Arelas, con fotografías de Noemí Chantada e en colaboración co concello do Rosal.
 
A exposición estará no CPI Suárez Marquier ata o día 22 de xaneiro con acceso libre para toda a poboación. A mostra foi presentada por Digna Rivas deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Lucia Muradas Arcay, xefa de Servizo de igualdade, e Jesús Mª Fernández Portela alcalde do Rosal.

A presentación foi complementada cunha charla impartida por Cristina Palacios, presidenta de ARELAS dirixida ao alumnado de educación secundaria do CPI Suárez Marquier. A charla "Crianzas trans*formando a sociedade" tivo un enorme éxito entre o alumnado que alargou a sesión coa súas preguntas a Cristina, facilitando un interesante debate ao remate do coloquio.

Baixo o lema "respecta - defende - sensibiliza - iguala - vive e deixa vivir", o proxecto está integrado por 10 imaxes. Esta campaña de visibilización positiva inclúe os retratos de persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta e irán acompañadas cada unha dun texto que recolle unha frase ou unha idea sobre cada unha desas persoas e da súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense algunhas de referencia social, sexan ou non transexuais, pero vencelladas coa realidade destas persoas pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe: educadoras e educadores, xuristas, políticas e políticos, psicólogas e psicólogos.
 
"Sorrisos Transformadores" nace co obxectivo de lles dar visibilización, sensibilización e naturalización ao colectivo trans e ás súas familias, co fin de promover a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade.

As súas finalidades son as de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios pola orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones