Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A exposición -Un mar de emocións- abre as súas portas ao público no Centro Cultural da Guarda

A exposición poderá ser visitada ata o sábado 21 de agosto.

A exposición poderá ser visitada ata o sábado 20 de agosto.

Fecha: 04 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O mar e a súa xente son unha das señas de identidade de Galicia como país, un símbolo de unión dos galegos e galegas, alá onde se atopen. Esta importancia do mar e a sensibilidade especial que este desperta poden apreciarse na exposición "Un mar de emocións" do Grupo On que se ven de abrir ó público este pasado martes día 2 de agosto no Centro Cultural da Guarda.

Trátase dunha iniciativa que xurdiu das redes sociais. En concreto, dun grupo de Facebook no que fotógrafos con afinidades semellantes compartían a súa obra. Certo día decidiron materializar ese traballo que compartían nestas plataformas sociais e plasmalo nunha exposición. En primeiro lugar a mostra estivo na Coruña, onde tivo un gran éxito e gustou tanto que decidiron traela tamén á Guarda, ampliando o número de fotos que acolle a mostra, especialmente da costa local.

A exposición recolle fotografías e vídeos da costa galega realizados por 19 autores que reflexan a impresionante beleza e forza do noso mar. O obxectivo é que a xente poida desfrutar do que hai na costa e apreciar o que temos á beira da casa un pouco máis. No caso dos 4 vídeos de José Carlos Castro Martínez que se reproducen na exposición, a idea é permitir ver aquelo que vai moi rápido a cámara lenta para así aprecialo mellor, e acelerar o mundo invisible do fondo do mar que a simple vista parece inmóbil e sen vida.

A exposición poderá ser visitada ata o domingo 21 de agosto. O horario de luns a sábado é de 10,30 a 14 horas e de 19 a 22h pola tarde. Os domingos está aberto de 19 a 22 horas. Tanto dende o Grupo On como dende o Concello da Guarda, que colabora con esta exposición, anímase a todos os guardeses, guardesas e visitantes a aproveitar estes vindeiros días de tempo libre para ollar estas impresionantes e sobrecolledoras obras no Centro Cultural da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones