Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Feira de Emprego e Formación pecha a súa primeira edición con boa acollida das persoas participantes

Dende o Concello da Guarda temos a firme vontade de retomar anualmente a celebración da Feira de Emprego e Formación

Dende o Concello da Guarda temos a firme vontade de retomar anualmente a celebración da Feira de Emprego e Formación

Fecha: 09 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A primeira Feira de Emprego e Formación "ImaxinActívate" rematou esta mañá na Guarda tras tres días cunha intensa programación composta por obradoiros, charlas e mostras orientados ao emprendemento e á mellor empregabilidade das persoas con ideas de novos negocios ou en busca dunha nova filosofía de traballo.

Asistiron unha media de 30 persoas a cada unha das actividades celebradas na Casa dos Alonso durante as mañás e as tardes do xoves e o venres, namentres na mañá de hoxe celebrouse a derradeira charla e unha mostra do tecido empresarial guardés.

Os obradoiros ofertados, de 4 hora de duración cada un, acadaron o máximo de persoas inscritas durante as xornadas e orientáronse cara a formación dos participantes. Así, os formadores Susana Rodríguez, José Fonterosa e Sonia Fernández aportaron aos asistentes ferramentas útiles e necesarias tanto para emprender como para realizar unha busca efectiva de emprego, tales como a identificacións das posibles fontes de financiamento, as técnicas de marketing dixital (mellora da propia imaxe a da empresa) e a motivación e xestión emocional no proceso a través do coaching.

As charlas, pola súa parte, caracterizáronse polo seu caracter divulgativo e participativo. Os participantes puideron compartir as súas experiencias, opinións e/ou dúbidas respecto de temáticas como as formas de traballo colaborativo, o emprendemento levado a cabo por mulleres e a creación de empresas de nova xeración, coñecidas como start ups.

Nesta liña, a artesá Eva Carreira deu conta na tarde do venres do bo resultado de combinar a tradición e as novas tecnoloxías, poñendo como exemplo a súa empresa Zoclos, dedicada á elaboración e venda de zocos galegos modernizados e con variedade de deseños.

O peche desta primeira edición da Feira de Emprego e formación viu esta mañá da man do formador Pablo G. Fortes cunha charla motivacional centrada na importancia da actitude como unha cualidade potenciadora das habilidades persoais e o coñecemento adquirido. Deseguido, dez emprededores locais tomaron o testemuño, coa colocacións de expositores e a celebración dunha mesa redonda. OR.PA.GU, AGA Formación, Xardinería San Xerome Emiliani, Alento, Grupo Arlequín, Redeiras Atalaia, Crespum, SAFIT e a deseñadora gráfica Tamara Baz foron as dez empresas participantes na variada mostra do tecido empresarial guardés, durante a que falaron da súa actividade, o seu modelo de negocio e o desenvolvemento das súas empresas.

Dada a boa acollida destas xornadas, para as que contamos co financiamento da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, dende o Concello da Guarda temos a firme vontade de retomar anualmente a celebración da Feira de Emprego e Formación "ImaxinActívate", como maneira de animar ao emprendemento na nosa vila á empregabilidade das guardesas e guardeses.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones