Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Feira de Emprego -Ecoimaxín- celebrarase na Guarda do 24 ao 26 de outubro

Un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño baixo o concepto de sustentabilidade

Máis información e inscricións na OMIX da Guarda, no teléfono 986 61 0000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Fecha: 24 de Octubre de 2019

Fuente: Concello da Guarda

Os días 24, 25 e 26 de outubro a Casa dos Alonso da Guarda acolle a Feira de Emprego «Ecoimaxín», que este ano contará con charlas e conferencias de especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, amosando a todos os asistentes informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

O programa da Feira do Emprego e Formación «Ecoimaxín» terá inicio na xornada do xoves 24 ás 9:30h, cun acto inaugural no que se contará coa asistencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Formación, Fátima Rodríguez e demais convidados.

Nas xornadas do xoves 24 e do venres 25 terán lugar dúas píldoras formativas a cargo de Sandra Fernández Prado, Consultora e Auditora interna en sistemas integrados de xestión sobre «Novos perfís profesionais demandados polas empresas sostibles» e a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» sobre «Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local», ámbolos dous días en horario de 10:00h a 12:00h.

O xoves 24 entre as 12:30h e as 14:00h realizarase unha ponencia aberta a todo o público sobre a Responsabilidade Social nunha gran empresa.

O venres 25 entre as 12:30h e as 14:00h realizarase unha ponencia aberta a todo o público sobre a Sustentabilidade.

Para pechar esta edición da Feira do Emprego e Formación, a xornada do sábado día 26 de outubro estará adicada a unha Feira de Empresas, que terá lugar de 10:00h a 14:00h e na que se presentará o portal de Emprego da Guarda e de 12:00- 13:00 horas presentaranse empresas eco da contorna.

Esta é a terceira edición da Feira do Emprego e Formación da Guarda, o primeiro ano estivo enfocada no emprendemento a nivel local, a segunda edición na tecnoloxía como motor xerador de emprego e esta edición na sustentabilidade.

A Feira do Emprego e Formación chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño, baixo o concepto de sustentabilidade como elemento dinamizador socioeconómico e xerador de oportunidades de emprego. Os participantes terán a oportunidade de asistir a obradoiros formativos en contacto directo con empresas sustentables.

Esta Feira do Emprego e Formación aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

Máis información e inscricións na OMIX da Guarda, no teléfono 986 61 0000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

PROGRAMA ECOIMAXÍN - CONCELLO DA GUARDA

XOVES 24 OUTUBRO

9:30h Presentación e apertura das xornadas
10:00h-12:00h Píldoras formativas:
• Novos perfís profesionais demandados polas empresas sostibles, a cargo de Sandra Fernández Prado, Consultora e Auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial) .
• Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local, a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial).
12:00-12:30 Descanso
12:30-14:00 charlas/ponencias abertas ao público
• Responsabilidade Social nunha gran empresa, a cargo de Teiga TMI (Servizos Electromecánicos Industriais).


VENRES 25 OUTUBRO

10:00h-12:00h Píldoras formativas:
• Novos perfís profesionais demandados polas empresas sostibles, a cargo de Sandra Fernández Prado, Consultora e Auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial).
• Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local, a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial).
12:00-12:30 Descanso
12:30-14:00 charlas/ponencias abertas ao público
• Sustentabilidade

SÁBADO 26 DE OUTUBRO

10:00h-14:00h Feira de Empresas
Presentación do portal de Emprego da Guarda a cargo dos responsables municipais do programa
12:00- 13:00 horas presentación empresas eco da contorna: Albergue O Peirao, Proxecto Xe-Mente, O Eixido dos Tendeiros, Biosenza e máis por confirmar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones